A roxa (Scyliorhinus stellaris) é unha especie de peixe cartilaxinoso elasmobranquio da orde dos carcarriniformes (Carcharhiniformes) e familia dos esciliorrínidos (Scyliorhinidae),[2] común no litoral europeo e do norte de África.

Roxa
Scyliorhinus stellaris
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Orde: Carcharhiniformes
Familia: Scyliorhinidae
Xénero: Scyliorhinus
Especie: S. stellaris
Nome binomial
Scyliorhinus stellaris
(Linnaeus, 1758)
Distribución da roxa
Distribución da roxa

Distribución da roxa
Sinonimia
  • Scyllium acanthonotum* De Filippi, 1857
  • Scyllium catulus Müller & Henle, 1838
  • Squalus stellaris Linnaeus, 1758

* Sinónimo ambiguo

Características

editar

É un pequeno tiburón de pel relativamente áspera e coloración amarelada con manchas circulares de cor parda escura.

O seu corpo alongado, que pode superar o metro de lonxitude (máximo 162 cm), estréitase cara á cola.

O fociño é curto e estreitamente arredondado; as dúas pregas nasais non alcanzan a boca, o que o diferencia do melgacho.

A orixe da primeira aleta dorsal é oposta ás xuntas pélvicas, e a da segunda, anterior á xunta anal.[3]

Historia natural

editar

Animal de hábitos nocturnos, vive en fondos areosos e rochosos con algas, a profundidades de 20 a 70 m, alimentándose de crustáceos, moluscos e cefalópodos.

Ovíparo, as petacas (cápsulas dos ovos) miden de 10 a 13 cm e son depositadas sobre as algas en primavera e verán, durando a xestación nove meses.[3]

Distribución

editar

Nordeste do Atlántico, desde o sur de Escandinavia e as illas Británicas até Marrocos (ou aínda máis aos sur), incluíndo o Mediterráneo. A distribución cara ao sur é incerta.[4]

Estado de conservación

editar

Segundo a Lista Vermella da IUCN o seu status é non preocupante.[5]

Gastronomía

editar

Segundo José Carlos Capel, tanto a roxa como os seus parentes o melgacho (Scyliorhinus canicula) e a zapata (Galeus melastomus) son especies comestíbeis que requiren cociñarse nun perfecto estado de frescura porque, do contrario, denotan un sabor desagradábel. Os lombos, unha vez limpos, poden presentarse en distintas preparacións, harmonizando ben coas salsas de tomate e verde, ou en guisos amarelos, e resultan excelentes en fritura coa fórmula do adobo andaluz, a dicir deste gastrónomo.[6]

En Galicia é frecuente comela guisada, con patacas, pementos e tomates (o "guiso amarelo", que diría Capel) e, menos, como un ingrediente máis das caldeiradas mixtas.

Véxase tamén: Melgacho#Gastronomía.
  1. IUCN 2010: asesores: Ellis, J., F. Serena, C. Mancusi, F. Haka, G. Morey, J. Guallart e T. Schembri. Ano 2006. Scyliorhinus stellaris.
  2. Ranier Froese e Daniel Pauly, eds. (2012): Scyliorhinus canicula. FishBase (en inglés) Consultada o 25/11/2012.
  3. 3,0 3,1 Rodríguez Villanueva (1992), p. 58.
  4. Froese e Daniel, eds. (2012), Op. cit.
  5. Ellis, J., F. Serena, C. Mancusi, F. Haka, G. Morey, J. Guallart e T. Schembri (2006): Scyliorhinus stellaris Lista vermella da IUCN. Versión 2010.2. Unión Internacional para a Conservación da Natureza(en inglés) Consultada o 25/11/2012.
  6. Capel, José Carlos (1982): Manual del pescado, Madrid: Penthalon Ediciones. ISBN 84-85337-70-0, p. 295.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
  • Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
  • Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar