Parque Nacional de Lorentz

parque nacional de Indonesia

O Parque Nacional de Lorentz é un parque nacional que se atopa na provincia de Papúa, en Indonesia, no suroeste de Nova Guinea Occidental. Cunha área de 25 056 km², é o meirande parque nacional do sueste asiático. En 1999, Lorentz foi declarado un Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Parque Nacional de Lorentz
Parque Nacional de Lorentz en Indonesia
Parque Nacional de Lorentz
Parque Nacional de Lorentz
localización
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Indonesia
LocalizaciónCoordenadas: 4°45′S 137°50′L / -4.750, -137.833
TipoNatural
Criteriosviii, ix, x
Inscrición1999 (23ª sesión)
Rexión da UNESCOAsia
Identificador955

Un exemplo destacado da biodiversidade de Nova Guinea, Lorentz é un dos parques nacionais con máis diversidade ecolóxica do mundo. É a única reserva natural da rexión de Asia-Pacífico que contén unha gama altitudinal completa de ecosistemas que se estenden por áreas mariñas, de mangleiral, de mareas e selva inundable, selva tropical de terra baixa e montaña, tundra alpina e glaciares ecuatoriais. Con 4884 metros, Puncak Jaya (anteriormente coñecida como Carstensz Pyramid) é a montaña máis alta entre o Himalaia e os Andes.

Birdlife International considerou o Parque de Lorentz como “probablemente a máis importante reserva en Nova Guinea”.[1] Contén cinco ecorrexións das "Global 200" do Fondo Mundial para a Natureza: bosques de terras baixas do sur de Nova Guinea; bosques montañosos de Nova Guinea; pasteiros subalpinos da cordilleira central de Nova Guinea; mangleirais de Nova Guinea; e ríos e regatos de Nova Guinea.[2]

O parque de Lorentz contén moitas áreas sen cartografar e inexploradas, e seguramente contén moitas especies de plantas e animais aínda descoñecidos para a ciencia occidental. O coñecemento etnobotánico e etnozoolóxico das comunidades locais sobre a biota de Lorentz tamén está moi pouco documentado.

O parque recibe o nome de Hendrikus Albertus Lorentz, un explorador neerlandés que pasou pola zona na súa expedición de 1909-1910.

Notas editar

  1. Birdlife International, 1999 Arquivado 03 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine., consultado o 14 de maio de 2010
  2. WWF Ecoregions, consultado o 14 de maio de 2010

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Petocz, Ronald G. (1989). Conservation and Development in Irian Jaya. Leiden: E.J. Brill.