Abrir o menú principal
Papuxa real
Sylvia nisoria hortensis naumann.jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Sylviidae
Xénero: Sylvia
Especie: S. hortensis
Nome binomial
Sylvia hortensis
(Gmelin, 1789, Francia)
Subespecies
  • Sylvia hortensis hortensis
  • Sylvia hortensis crassirostris
Sylvia hortensis

A papuxa real (Sylvia hortensis) é unha pequena especie de ave do xénero Sylvia dentro da familia Sylviidae.

DescriciónEditar

Presenta unha lonxitude de entre 14 e 16 cm, sendo por tanto unha papuxa grande, maior que a papuxa das amoras. A súa plumaxe en machos adultos é de coloración gris escura na cabeza, gris abrancazada nas partes inferiores, presentando gorxa branca. O ollo presenta un chamativo iris de cor branca. O peteiro é fusco e as patas de cor lousa. As femias e inmaturos teñen a cabeza dun ton máis pálido.

DistribuciónEditar

A papuxa real é unha especie circunmediterránea, ou o que é o mesmo, está moi estendida nas rexións europeas que bordean o mar Mediterráneo así como na rexión setentrional de África. Localízase na península ibérica e Marrocos, estendéndose a súa distribución por todo o mediterráneo até Turquía incluída, localizándose polo leste facendo límite no Cáucaso, Irán e Casaquistán, onde tamén se atopan. Cara ao norte de Europa esténdense até os Alpes, apenas e raramente atopándose en Suíza.

HábitatEditar

Habita distintos medios pois aínda que prefire matogueiras e campos baldíos tamén vive en bosques abertos cunha vexetación de certo porte. As maiores densidades de poboación desta especie obsérvanse cara aos 700 m.

NutriciónEditar

Aliméntase principalmente de arañas, bagas, insectos e as súas larvas.

VozEditar

Emite un agradable canto en forma gorxeo en ton alto e forte, intercalando algunhas notas estridentes e certos asubíos. A súa voz de alarma é moi similar á do resto das papuxas, emitindo un seco e brusco tec tec ou tac tac que é repetido insistentemente.

Ligazóns externasEditar