Pandeira
Unha pandeira, chamada tamén pandeiro redondo no caso de non levar ferreñas[1], é un instrumento musical de percusión similar á pandeireta, pero de maior tamaño.[2]
Pandeira | |
---|---|
Pandeiro redondo | |
Información | |
Clasificación | Percusión |
Instrumentos relacionados | Pandeiro Pandeireta |
Características
editarA pandeira é o resultado de retirar a rede dunha peneira ou cribo[3], cubrir un dos lados cun parche feito coa pel dun animal e engadir ferreñas no marco de madeira. Existen diferentes técnicas para tocalas, sendo o máis habitual sostelas verticalmente coa man esquerda, co polgar introducido nun furado circular existente no marco, mentres se percute cos dedos da man dereita sobre a pel.[4]
Até finais do século XIX estes instrumentos abundaron en moitos lugares de Galiza, esmorecendo o seu uso coa aparición da pandeireta na música popular. A comezos do século XX, o seu emprego estaba extinguido no país, agás nas zonas montañosas dos Ancares.[5] Neste lugar, concretamente na aldea de Piornedo, celébrase desde 2006 a Festa da pandeira, un evento que congrega as tocadoras do instrumento das comarcas galegas, asturianas e leonesas próximas á serra de Ancares.[6]
Notas
editar- ↑ "Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » Pandeiro (redondo)". Consultado o 2021-09-23.
- ↑ Camafeita, Olga (2010). "Pandeira". Dicionario da música popular en Galicia (PDF). Rinoceronte editora. p. 112.
- ↑ Imaxe dun cribo.
- ↑ Díaz, Xabier (2014). "As ferreñas fanlle o son..." Concerto didáctico. p. 56:52.
- ↑ "Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » Pandeira". Consultado o 2021-09-24.
- ↑ "Festa da Pandeira". 2013-08-25. Consultado o 2021-09-24.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Carpintero Arias, Pablo (2010). Os Instrumentos musicais na tradición galega. Difusora de Letras, artes. ISBN 8492958057.
Ligazóns externas
editar- A pandeira nos Ancares - TVG (Alalá nº 40 - 2007)