Pañcatantra

Texto sánscrito antigo
(Redirección desde «Panchatantra»)

Pañcatantra (en sánscrito: पञ्चतन्त्र) é unha célebre colección de fábulas escrita no século III a.C. en prosa e verso en lingua sánscrita. Con fins didácticos, tivo unha grande difusión fóra da India.[1]

Pañcatantra
Título orixinalपञ्चतन्त्र
Autor/aVishnu Sarma e valor descoñecido
Orixevalor descoñecido
LinguaLingua sánscrita
Xénero(s)fábula
Editorialvalor descoñecido
Na rede
BNE: XX3988542
editar datos en Wikidata ]
Ilustración dunha edición siria do Pañcatantra datada en 1354. O coello engana o rei dos elefantes ao amosarlle o reflexo da lúa.
  • pañcatantra, é como se transcribe no sistema IAST de transliteración sánscrita.
  • पञ्चतन्त्र, é o nome en escritura devanágari do sánscrito.

Etimoloxía

editar
  • pañcatantra significa ‘Cinco principios’, sendo pañcá: ‘cinco’, e tantra: ‘principio’.

Versións e traducións

editar

O Panchatantra alcanzou a súa forma actual no século V. Ao redor do 570 foi traducido á lingua persa media, por orde do rei sasánida Chosroes I. Do persa pasou ao árabe arredor do 850.

No ano 570 foi traducido á pahlavi (ou alfabeto persa literario) e uns anos máis tarde á lingua siríaca. No século VIII o iraniano Ibn Al-Muqaffa traduciuno do persa ao árabe. A partir de aí creouse a colección árabe Kalila wa-Dimna (كليلة ودمنة), que se estendeu por toda Europa. Foi exportado de forma oral e escrita a China, Indonesia e o sueste asiático por monxes budistas. Os viaxeiros levaron as súas historias a Persia, Arabia, e no século IX a Grecia e de alí ao resto de Europa. No século XII foi traducido ao hebreo. Esta tradución considérase a fonte da maioría das versións europeas.

En 1251, o rei Afonso X (aínda infante) fixo traducir ao castelán medieval o texto árabe: Calila e Dimna. En 1278, Giovanni da Capua traduciuno ao latín co título Directorium humanae vitae. En 1313, Raymond de Beziers traduciuno de novo ao latín con motivo do título de cabaleiro de Lois de Navarra, o futuro Lois o Obstinado. En 1644, Gilbert Gaulmin (baixo pseudónimo) traduciu a versión persa ao francés. En 1666, o xesuíta Pierre Poussines traduciuno de novo ao latín co título de Specimen sapientiae indorum veterum ('modelo da sabedoría dos antigos indios'). Case todos os tradutores nomean como autor a un tal Pilpay, aínda que non é nomeado nas versións persa e india.

A edición de Edgerton, de 1924, está conformada por Cinco libros de sabedoría práctica.

Foi traducida á lingua galega por José Virgilio García Trabazo e editada por Rinoceronte Editora no ano 2017.[2]

 
Páxina do Pañcatantra.

Versión "Hitopadesha"

editar

A partir do Panchatantra, o autor Naraian Pandit produciu unha versión libre chamada Hitopadesha (século XII).[3] Crese que a Naraian lle gustou tanto ese texto que o reescribiu, mellorando o fluxo de historias e engadindo varias da súa propia creación, así o Hitopadesha, aínda que semellante en contido e estrutura ao Pañca-tantra é máis extenso.[4]

Pañcatantra como fonte

editar

O Pañca-tantra ten moitas fábulas en común coas Fábulas de Esopo (do século VI a. C.). O escritor tracio Esopo considérase o pai de todas as fábulas, porque das súas traducións do grego proveñen as fábulas do Roman de Renart (1180), varias das do infante Don Juan Manuel en El conde Lucanor e, posteriormente, os de Jean de La Fontaine (1621-1695). Porén, La Fontaine publicou As Fábulas de Bidpai en 1679, baseada en "o sabio indio Pilpay".[5] Pilpay (tamén Bidpai e Bilpai) é xeralmente o autor ao que se lle atribúe a obra en tempos de La Fontaine, pero a súa existencia non está establecida porque o seu nome aparece na versión árabe, non no orixinal indio. É unha especie de lendario Esopo indio para os árabes, do mesmo xeito que para os propios árabes era o seu propio Esopo o sabio Locman.

  1. Salgado, Daniel (8 de setembro de 2017). "En Galiza é moi difícil procurar unha boa formación en linguas e culturas da India". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2017. Consultado o 18 de setembro de 2017. 
  2. Salgado, Daniel (7 de setembro de 2017). "Primeira tradución do sánscrito ao galego". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2017. Consultado o 8 de setembro de 2017. 
  3. "Panchatantra ; Indian literature". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2023-04-05. 
  4. Charles Johnston, selec.nytimes.com: «Tamén na India vivía un tío Remus: contos antigos de o “Panchatantra” aparece agora en inglés» ('Na India tamén vivía un Tío Remus: os contos antigos do “Pancha-tantra” agora aparecen en inglés'), no The New York Times do 29 de novembro de 1925. (en inglés)
  5. "Institute for Oriental Studies". www.orientalthane.com (en inglés). Consultado o 2023-04-05. 

Véxase tamén

editar