Alfabeto pahlavi
Pahlavi ou Pehlevi[1] tamén escrito Pehlvi ou Pelvi, termos derivados de pahlawīg (parto), é o tipo de alfabeto persa que se utilizou desde o século -II até o auxe do islam no século VII.
Características
editarO pahlavi estaba baseado no alfabeto arameo, e tiña tres formas principais. Escribíase de dereita a esquerda e, aínda que se empregaron entre 19 e 20 letras, no Avesta ou libros relixiosos do zoroastrismo aparecen cincuenta formas de letras únicas. Nalgúns casos, os escritores pahlavi conservaron a forma aramea orixinal ao escribir palabras co mesmo significado pero con sons diferentes. Por exemplo, escribiron o arameo mlk (malka "rei") para representar o persa xa ou sha ("rei"). Debido a estas formas de escritura parecidas a ideogramas, fíxose moi difícil para os estranxeiros comprender os textos pahlavi.
Notas
editar- ↑ "Pahlavi alphabet ; History, Description, & Facts". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2022-08-11.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alfabeto pahlavi |
Ligazóns externas
editar Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |