El conde Lucanor, segundo o seu título orixinal en castelán medieval, Libro de los enxiemplos del Conde Lucanor et de Patronio, é unha obra en prosa escrita no ano 1335 polo infante Don Juan Manuel, Príncipe de Villena. O libro basicamente é unha colección de contos e proverbios.

El conde Lucanor
Incipit do Conde Lucanor. Manuscrito dos ss. XIV-XV. Signatura: MSS/6376, BNE, fol. 126v.
Título orixinalLibro de los enxiemplos del Conde Lucanor et de Patronio
Autor/aDon Juan Manuel
OrixeCoroa de Castela
Linguacastelán medieval
Xénero(s)exemplum e proverb collection (en)
Data de pub.1333
Na rede
BNE: XX2035868
editar datos en Wikidata ]

Estrutura

editar

El conde Lucanor está composto por dous prólogos e cinco partes:

  • Primeira parte: componse dunha serie de cincuenta e un contos didácticos. Cada conto encádrase nunha mesma estrutura fixa, na que un mozo nobre, o conde Lucanor, expón ao seu aio Patronio unha cuestión complicada que se lle presentou, Patronio respóndelle cun conto ou exemplo alusivo á devandita cuestión e deduce un ensino. Entón declárase que o conde seguiu o consello do aio e tivo éxito, e a mensaxe moralizante resúmese nun pareado que remata o episodio.
  • Segunda parte: Ten case cen aforismos e sentenzas e unha explicación segundo a cal o cambio cara a un rexistro máis conciso e escuro débese ao consello de don Jaime de Jérica, amigo do autor.
  • Terceira parte: contén cincuenta proverbios, segundo o propio autor, aínda máis escuros ca todo o contido anterior do libro.
  • Cuarta parte: Patronio prevén ao conde de que tratará os seus temas con escuridade pola propia dificultade deles.
  • Quinta parte: Patronio da consellos para a salvación da alma fieis ao dogma católico.[1]

A primeira parte, ou Libro de los exemplos é a máis difundida. Adóitase considerar as restantes como unha soa segunda parte, chamada Libro de los proverbios.[2]

Alfonso I. Sotelo clasifica os temas da obra así:

  • Aspiracións e problemas espirituais (a salvación)
  • Aspiracións materiais, políticas e sociais (a guerra, a paz, o enriquecemento)
  • Comportamento humano (a mentira, o engano, a amizade, a soberbia).[3]

Juan Vicedo di, porén, que estes últimos son tratados desde unha moral peculiar, que non exclúe a cautela e o disimulo.[4]

Fontes

editar

Nos relatos da primeira parte é evidente a dobre influencia presente na obra: a occidental (Deyermond sinala a doutrina dos dominicos na orientación moralista de moitos dos contos) e a oriental (Lida de Malkiel e Diego Marín insisten na orixe árabe dunha decena deles).[5] A variada procedencia remonta incluso ao Panchatantra hindú un conto como o XXI (“De lo que contesçio a un rey moço con un muy grant philosopho a qui lo acomendara su padre”) .[6]

A segunda parte bebe na literatura sapiencial que o autor tiña ao seu alcance na época (como o Bonium, o Libro de los bocados de oro, o Libro de los buenos proverbios).[7]

Intención

editar

A obra, mesmo a parte narrativa, é concibida á maneira medieval con intención didáctico-moral. Neste caso trátase dun didactismo con aspiracións universais, pois a pesar de que cada exemplo se base na exposición dunha cuestión puntual, preténdese que o ensino deducible del sexa xeral.[8] Isto é explicitamente expresado no libro: «Et puso en el los enxiemplos mas aprovechosos que el sopo de las cosas que acaesçieron, por que lo omnes puedan fazer esto que dicho es. Et seria maravilla si de qual quier cosa que acaezca a qual quier omne, non fallare en este libro su semejança que acaesçio a otro».[9]

Linguaxe e estilo

editar

Segundo Giménez Soler, a prosa de don Juan Manuel, aínda que non chega a ser a do Século de Ouro das letras castelás, está no punto medio entre a do seu tío Afonso o Sabio -que sería máis ben utilitaria- e a do Renacemento -máis elaborada-.[10] Don Juan Manuel tamén foi explícito sobre as súas intecións expresivas, pois declarou que fixo o seu libro coas palabras máis "elegantes" que puido.[11] As poucas irrupcións en rexistro lírico que contén o libro son os pareados finais de cada exemplo da primeira parte da obra, e trátase de versos duros sen trazos de verdadeiro lirismo que simplemente resumen a moralidade do relato que os precede.[12]

  1. Vicedo, Juan. Introducción a “El Conde Lucanor”. Biblioteca Virtual Universal. 2010.
  2. Ariza Viguera, Manuel. La segunda parte del Conde Lucanor y el concepto de oscuridad en la Edad Media. Dispoñible en liña.
  3. Sotelo A. I. El conde Lucanor. Estudio previo. Cátedra. Madrid. 1985.
  4. Vicedo Juan. Op. cit. Los temas del libro.
  5. Vicedo, Juan. Op. cit. Fuentes, autobiografismo y originalidad. Tomándoo directamente de Deyermond, A. Estudio preliminar al Libro del Conde Lucanor. Alhambra. Madrid, 1985, e de Lida de Malkiel, M.R. Estudios de literatura española y comparada. Eudeba. Buenos Aires. 1966.
  6. Del Solar, María Cristina. El Conde Lucanor o el arte de narrar. IX Congreso Argentino de Hispanistas. El hispanismo ante el bicentenario. La Plata, Argentina. 2010. Dispoñible en liña en Memoria Académica: http://www.memoria.fahce.unlp.edu.ar/trab_eventos/ev.1060/ev.1060.pdf
  7. Ariza Viguera, Manuel. Op. cit. Pp. 7-8.
  8. Baquero Escudera L. Dos manifestaciones distintas del didactismo literario (El cuento medieval y la novela de tesis decimonónica). Universidad de Murcia. Actas X. 1989. Dispoñible en liña en http://cvc.cervantes.es/literatura/aih/pdf/10/aih_10_1_040.pdf.
  9. D. Juan Manuel, Obras completas. Ed. J.M. Blecua, Madrid. Gredos. 1983. P. 23
  10. Giménez Soler, A. Don Juan Manuel: biografía y estudio crítico. Academia Española. Zaragosa. 1932.
  11. Vicedo, Juan. Op. cit. Lenguaje y estilo.
  12. Vicedo, Juan. Op. cit. Los versos finales.