Alfabeto Internacional de Transliteración Sánscrita
O Alfabeto Internacional de Transliteración Sánscrita ou AITS (do inglés International Alphabet of Sanskrit Transliteration, IAST) é un popular sistema de transliteración que permite a romanización de escrituras índicas sen perda de información.
O AITS é o sistema máis popular de romanización do sánscrito e o pali. Emprégase normalmente en publicacións impresas, especialmente en libros sobre temas en sánscrito e pali antigos relacionados coas relixións da India. Coa crecente dispoñibilidade de fontes Unicode, estase estendendo tamén entre os textos electrónicos.
O AITS baséase nun estándar establecido polo Congreso Internacional de Orientalistas de Xénova en 1894. Permite a transliteración sen perdas do devanágari (e outras escrituras índicas como a escritura Sharada), e como tal non só representa os fonemas do sánscrito, senón que permite unha transcrición esencialmente fonética.
A romanización da Biblioteca Nacional de Calcuta, ideada para a romanización de todas as escrituras índicas, é unha extensión do AITS.
Inventario de símbolos e convencións do AITS
editarA continuación móstrase o inventario de símbolos do AITS (tanto minúsculas como maiúsculas) xunto cos seus equivalentes en devanágari e AFI (válido para o sánscrito; para o hindi hai pequenas diferenzas fonolóxicas):
अ [ə] a A |
आ [ɑː] ā Ā |
इ [i] i I |
ई [iː] ī Ī |
उ [u] u U |
ऊ [uː] ū Ū |
ऋ [ɹ̩] ṛ Ṛ]] |
ॠ [ɹ̩ː] ṝ Ṝ |
ऌ [l̩] ḷ Ḷ |
ॡ [l̩ː] ḹ Ḹ |
vogais |
ए [eː] e E |
ऐ [aːi] ai Ai |
ओ [oː] o O |
औ [aːu] au Au |
ditongos |
अं [ⁿ] ṃ Ṃ |
anusvara |
अः [h] ḥ Ḥ |
visarga |
velares | palatais | retroflexas | dentais | labiais | |
क [k] k K |
च [c] c C |
ट [ʈ] ṭ Ṭ |
त [t̪] t T |
प [p] p P |
xordas |
ख [kʰ] kh Kh |
छ [cʰ] ch Ch |
ठ [ʈʰ] ṭh Ṭh |
थ [t̪ʰ] th Th |
फ [pʰ] ph Ph |
xordas aspiradas |
ग [g] g G |
ज [ɟ] j J |
ड [ɖ] ḍ Ḍ |
द [d̪] d D |
ब [b] b B |
sonoras |
घ [gʰ] gh Gh |
झ [ɟʰ] jh Jh |
ढ [ɖʰ] ḍh Ḍh |
ध [d̪ʰ] dh Dh |
भ [bʰ] bh Bh |
sonoras aspiradas |
ङ [ŋ] ṅ Ṅ |
ञ [ɲ] ñ Ñ |
ण [ɳ] ṇ Ṇ |
न [n] n N |
म [m] m M |
nasais |
य [j] y Y |
र [r] r R |
ल [l] l L |
व [ʋ] v V |
semivogais | |
श [ɕ] ś Ś |
ष [ʂ] ṣ Ṣ |
स [s] s S |
sibilantes | ||
ह [ɦ] h H |
fricativas glotais xordas |
Nota: A diferenza das romanizacións baseadas unicamente en ASCII como ITRANS ou Harvard-Kyoto, os signos diacríticos usados no AITS permiten as maiúsculas nos nomes propios. As versións maiúsculas das letras que nunca se dan ao comezo dunha palabra (Ṇ Ṅ Ñ Ṝ) utilízanse só en contextos gramaticais (véxase Pāṇini), onde o convenio é escribir os sons IT en maiúsculas.
Comparación con ISO 15919
editarNa súa maioría, o AITS está contido no ISO 15919. As seguintes cinco excepcións débense á ampliación do estándar ISO cun repertorio adicional de símbolos que permiten transliteracións do devanágari e outras escrituras índicas tal e como se usan en outras linguas distintas ao sánscrito.
Devanágari | AITS | ISO 15919 | Comentarios |
---|---|---|---|
ए/ े | e | ē | la e ISO representa ऎ/ ॆ. |
ओ/ो | o | ō | a o ISO representa ऒ/ॊ. |
ं | ṃ | ṁ | a ṃ ISO representa a ੰ gurmukhi. |
ऋ/ ृ | ṛ | r̥ | a ṛ ISO representa ड़ /ɽ/. |
ॠ/ ॄ | ṝ | r̥̄ | por coherencia coa r̥. |