Pablo Orbaiz

futbolista español

Pablo Orbaiz Lesaka, nado en Pamplona o 6 de febreiro de 1979, é un futbolista español. Xoga de centrocampista (ou centrocampista ofensivo) e o seu actual club é o FC Rubin Kazan.

Orbaiz
Orbaiz como xogador do Athletic.
Información persoal
Nome Pablo Orbaiz Lesaka
Nacemento 6 de febreiro de 1979 (45 anos)
Lugar de nacemento Pamplona
Altura 1,79 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Rubin Kazan
Número 6
Carreira xuvenil
Osasuna
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1996–1998 Osasuna B 27 (2)
1996–2000 Osasuna 69 (2)
2000–2012 Athletic Club 263 (10)
2000–2012Olympiakos (cedido) 24 (1)
2000–2012 Rubin Kazan 4 (0)
Selección nacional
1997 España España sub-17 5 (0)
1996–1998 España España sub-18 15 (0)
1998–1999 España España sub-20 12 (0)
1999–2001 España España sub-21 12 (0)
2002–2005 España España 4 (0)
Na rede
FIFA: 177842 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 18 de agosto de 2012.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Xogou desde mozo nas categorías inferiores do Club Atlético Osasuna. En 1997 pasa a formar parte do primeiro equipo.

En 2000 ficha polo Athletic Club. Con este equipo debuta na Primeira División, foi o 9 de setembro de 2000 no partido Deportivo 2-0 Athletic Club. Na súa primeira tempada no equipo xoga 27 partidos de liga.

Sufriu dúas lesións de gravidade, ambas nos seus xeonllos rompéndose os ligamentos. A primeira tivo lugar en xaneiro de 2003 ante o Racing de Santander e a segunda o 3 de decembro de 2006 ante o Real Madrid no Estadio Santiago Bernabéu.

Selección nacional editar

Foi internacional coa selección de fútbol de España en catro ocasións. O seu primeiro partido como internacional foi o 21 de agosto de 2002 no Hungría 1:1 España.

No ano 1999, participou na Copa Mundial de Fútbol Sub-20 de Nixeria, onde España logrou ser campioa. O seleccionador Iñaki Sáez designouno capitán e foi polo tanto o encargado de levantar o trofeo do campionato. Algúns dos seus compañeiros nesa selección foron Dani Aranzubia, Iker Casillas, Pablo Coira, Colsa, Barkero, Marchena, Jusue, Yeste, Rubén Suárez, Gabri, Xavi, Pablo Couñago, Varela...

Tamén disputou partidos internacionais de carácter amigable coas seleccións de Euskadi e Navarra.

Palmarés editar

Campionatos nacionais editar

Título Club País Ano
Subcampión da Supercopa de España Athletic Club España 2007

Copas internacionais editar

Título Club* País Ano
Mundial de fútbol Sub-20 Selección española sub-20 Nixeria 1999

* Incluíndo a selección.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar