Peter Ilisch

numismático e historiador alemán
(Redirección desde «P. Ilisch»)


Peter Ilisch, nado o 28 de abril de 1947 en Billerbeck, Renania do Norte-Westfalia e finado o 29 de maio de 2023, foi un numismático e historiador alemán especialista na moeda medieval e moderna.[1]

Infotaula de personaPeter Ilisch
Biografía
Nacemento1947.
Billerbeck, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte29 de maio de 2023 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemá
Educación Universidade de Münster.
Coñecido porMoeda medieval e moderna.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático , historiador Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Premios
- (2005): Premio de honra da GIG.
- (2015): Jeton de Vermeil (SFN).
- (2021): Eligiuspreis (DNG).

Era o irmán máis novo do tamén numismático Lutz Ilisch.

Traxectoria editar

Peter Ilisch estudou Folclore, Historia e Ciencias Auxilares da Historia (con especialidade en Numismática) na Universidade de Münster, onde se graduou en 1971 e obtivo o seu título de Magister Artium, cunha tese sobre a historia agraria máis antiga da súa localidade natal, Billerbeck. Logo da súa graduación tivo unha estadía de investigación no Museo Estatal de Westfalia e en 1974 acadou o doutoramento, cunha tese dirixida por Peter Berghaus acerca do achado de moedas e a circulación do diñeiro en Westfalia na Idade Media e en época moderna.[1]

Xa como doutor exerceu o seu labor investigador no Rijksmuseum Twenthe, nos Países Baixos, e tamén no Instituto de Folclore Relixioso da Universidade de Münster, en 1977-1978. Ademais, Ilisch participou tamén no comité editorial da publicación Numismatischen Nachrichtenblatts, da Asociación Numismática Alemá.[1]

Entre outros cargos, de 1979 a 2012 foi o asesor científico do Museo Estatal de Westfalia en Münster e director do seu gabinete numismático e da colección sixilográfica. Entre 1980 e 2014 foi tamén un dos representantes do Estado de Renania do Norte-Westfalia na Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña.[2] Ademais, Peter Ilisch é membro de pleno dereito da Comisión de Antigüidades de Westfalia, desde 1998.[1]

No ámbito académico, Ilisch ocupou a praza de profesor de Numismática que deixou Peter Berghaus na Universidade de Münster.[1]

Un aspecto salientable na súa traxectoria numismática é a participación no proxecto internacional Medieval European Coinage, do Museo Fitzwilliam, da Universidade de Cambridge.[1]

Entre 2012 e 2018 participou, de xeito autónomo, no proxecto Wczesnośredniowieczne znaleziska monet z Polski ("Achados monetarios da alta Idade Media en Polonia"), do Instituto de Arqueoloxía e Etnoloxía da Academia de Ciencias de Polonia.[1][3]

Recoñecementos editar

Publicacións editar

Ilisch foi un autor prolífico, con numerosos artigos e colaboracións en diversas revistas numismáticas e tamén cun bo número de traballos monográficos. Esta é unha escolma das monografías que publicou ao longo da súa carreira:[8][9][10]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Lebenslauf von Dr. Peter Ilisch". Universität Münster.
  2. "Stefan Kötz M. A. neuer Landesnumismatiker in Westfalen". Numismatische Kommission der Länder in der Bundesrepublik Deutschland. 2 de maio de 2014.
  3. Véxase (2013-2017) en "Publicacións".
  4. "Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte". www.gig-geldgeschichte.de. Consultado o 2021-05-28. 
  5. "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
  6. "Jeton de vermeil 2015 – M. Peter Ilisch". SFN.
  7. "Eligiuspreis 2020 und 2021 vergeben". En Münzen Woch. 17 de decembro de 2020.
  8. "Peter Ilisch". Deutsche National Bibliothek.
  9. "Ilisch, Peter 1947- Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  10. "Ilisch, Peter". World Cat Identities.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Dethlefs, G.; Pol, A.; Wittenbrink, S. (eds.) (2012). Nummi Docent! Münzen - Schätze - Funde. Festschrift zum 65. Geburtstag von Peter Ilisch am 28. April 2012. Fritz Rudolf Künker, Osnabrück. ISBN 978-3-941357-02-0