Eligiuspreis

condecoración numismática alemá

O Eligiuspreis (en galego: Premio Santo Eloi ou Premio Santo Elixio) é un premio outorgado con periodicidade anual pola Sociedade Numismática Alemá (Deutsche Numismatische Gesellschaft -DNG-) ás persoas que se distinguisen polo seu labor no terreo da numismática. O Eligiuspreis toma o seu nome de Santo Elixio ou Santo Eloi de Noyon, patrón dos numismáticos e dos coleccionistas de moedas.[1]

Eligiuspreis
– Premio Santo Eloi –
– Premio Santo Elixio –


Medalla do Eligiuspreis
Outorgada pola Sociedade Numismática Alemá
Tipo Recoñecemento.
Graos Único.
Elixibilidade Numismáticos alemáns e estranxeiros.
Outorgada por Traballos sobre numismática escritos en alemán.
Estado Alemaña
Descrición Medalla de bronce.
Diámetro: 106 mm.
Deseño: Peter Götz Güttler (1992).
Estadísticas
Establecida 1995 (co nome actual).
Primeira outorgada 1996 (Wolfgang Hahn).
Última outorgada 2023 (Ulf Dräger).
Premiados Ver listaxe no artigo.

Historia editar

 
Detalle da medalla, que representa a Santo Eloi cuñando unha moeda

O premio toma o relevo dun precedente que estivo vixente entre 1978 e 1995, creado cun propósito semellante por iniciativa de Gerd Frese, daquela presidente da Federación de Asociacións de Moedas de Alemaña, antecedente da DNG.[1][2][3]

As persoas elixibles son numismáticos non especialistas, tanto de Alemaña coma do estranxeiro, que fagan as súas publicacións acerca dalgún aspecto da numismática desde o seu propio coñecemento como coleccionistas, que deben ser traballos documentados científica e historicamente e escritos en alemán. No caso de recaer nunha persoa de nacionalidade alemá, esta terá que ser necesariamente socia dalgunha das entidades adheridas á Sociedade Numismática Alemá.[1][4]

O xurado independente é nomeado polo presidente da Sociedade e está composto por persoas relacionadas coa numismática en calquera dos seus ámbitos. En caso de empate entre os votos, o presidente ten un voto de calidade. Desde 1996 a 2013, o xurado estivo presidido polo numismático alemán Bernhard Overbeck (1942-2018) e a partir desa data o seu presidente foi Albert Raff.[1]

En cada edición concédese tamén a categoría Jugendpreis ("premio á xuventude"), polos méritos demostrados por numismáticos novos.[1]

O premio consiste na entrega dunha medalla e leva aparellada a concesión dunha asignación económica. A primeira versión da Medalla Eligius estivo vixente entre 1982 e 1991 e foi deseñada polo escultor e medallista renano Hans Karl Burgeff.[2] A partir de 1992 a medalla substituíuse por outra de novo deseño, da autoría do arquitecto e medallista Peter Götz Güttler, de Dresden.[1]

Galardoados editar

Premio anterior editar

Premiados antes da denominación de Eligiuspreis:[2]

Eligiuspreis editar

Premiados baixo a nova denominación de Eligiuspreis:[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Eligiuspreis der DNG". Sitio web da DNG.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Eligiuspreis 1978-1995". Sitio web da DNG.
  3. "Vorsitzende/Präsidenten der Deutschen Numismatischen Gesellschaft". Sitio web da DNG.
  4. Numismatisches Nachrichtenblatt. Nº 12. Páxina 297. Deutsche Numismatische Gesellschaft .1977.
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 "Eligiuspreisträger 1996-2005". Sitio web da DNG.
  6. "Eligiuspreis 2006". Sitio web da DNG.
  7. "Eligiuspreis 2007". Sitio web da DNG.
  8. "Eligiuspreis 2008". Sitio web da DNG.
  9. "Eligiuspreis 2009". Sitio web da DNG.
  10. "Eligiuspreis 2010". Sitio web da DNG.
  11. "Eligiuspreis 2011". Sitio web da DNG.
  12. "Eligiuspreis 2012". Sitio web da DNG.
  13. "Eligiuspreis 2013". Sitio web da DNG.
  14. "Eligiuspreis 2014". Sitio web da DNG.
  15. "Eligiuspreis 2015". Sitio web da DNG.
  16. "Eligiuspreis für Wolfgang Stegweit". En MünzenWoche. 29 de xullo de 2015.
  17. "Eligiuspreis 2016". Sitio web da DNG.
  18. "Eligius-Preis 2018 für Fritz Rudolf Künker". En Numismatisches Nachrichtenblatt. Xaneiro de 2018. Páxina 42.
  19. "Fritz Rudolf Künker erhält Eligius-Preis 2018". En MünzenWoche. 10 de maio de 2018.
  20. "Eligiuspreis 2019". En Numismatisches Nachrichtenblatt. Febreiro de 2019. Páxina 66.
  21. 21,0 21,1 "Eligiuspreis 2020 und 2021 vergeben". En Münzen Woch. 17 de decembro de 2020.
  22. "Eligiuspreis 2022, Ralf Fischer zu Cramburg". Sitio web da DNG.
  23. "Eligius-Preis 2022 für Ralf Fischer zu Cramburg". En Münzen Woche. 8 de setembro de 2922.
  24. "Eligiuspreis 2023 - Ulf Dräger". En Numismatisches Nachrichtenblatt. Marzo de 2023. Páxina 108.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar