Pícaros roubados polo franquismo
Os nenos do franquismo ou pícaros roubados polo Franquismo é o nome polo que se coñece a mocidade vítima dunha pasaxe dramática da historia recente de España que abrangue de 1937 a 1950[1], na primeira etapa da ditadura franquista, tempo no que máis de 30.000[2] menores foron secuestrados e apartados das súas familias a fin de seren entregados a persoas afectas ao réxime así coma a centros do Auxilio Social, hospicios, conventos ou seminarios[3], onde eran reeducados conforme aos ideais do denominado Movemento Nacional, amais de nalgún casos seren empregados a modo de escravos para a labranza de terras[4].
Historia
editarNa ditadura
editarO propio xeneral Francisco Franco ditou dúas leis outorgando a patria potestade dos nenos roubados ao Estado, autorizando asemade os cambios de nome e capacitando as autoridades para decidiren o vindeiro destino dos menores. Estas leis valéronse das teorías filonazis do militar e psiquiatra Antonio Vallejo Nájera, xefe dos Servizos Psiquiátricos Militares do réxime[5], quen cualificou o marxismo de "enfermidade mental e contaxiosa" e deixou plasmadas en diversos cadernos e notas as súas afirmacións rotundas verbo da necesidade de "extirpar o xene marxista", recomendando categoricamente o traslado dos nenos a hospicios para "a eliminación dos factores ambientais que conducen á dexeneración". Co gallo disto, aproveitou para aplicar descargas eléctricas aos presos, amais doutros moitos experimentos de inspiración fascista[6].
Amais dos neonatos arrebatados ás súas nais e dos nenos que finalizada a guerra quedaron orfos, moitos outros foron rapaces raptados directamente dos campos de concentración no estranxeiro. Segundo datos recompilados polo historiador Ricard Vinyes, dos 32.037 rapaces de familias non franquistas enviados polos pais ao exterior, até 20.266 foron repatriados por mediación do Servizo Exterior da Falanxe[7], quedando todos eles baixo a tutela do novo estado nacionalcatólico.
No período democrático
editarO auto do xuíz Baltasar Garzón fala destes feitos denominándoos "desaparicións legalizadas" e en xaneiro de 2009 cualificounos de "crimes contra a humanidade"[8]. No auto dise que os pícaros perdidos son vítimas do Franquismo e así mesmo menciónase a existencia dun plan de desaparicións orquestradas co gallo da eliminación de opoñentes[9]. A Sala do Penal, con todo, declarou a Garzón non competente, de aí que na actualidade o proceso corra a cargo dos tribunais de instrución dos diversos territorios do Estado. Cómpre facer especial mención ao feito de que a Igrexa Católica dispón das partidas de nacemento, cambios de nomes e todos e cada un dos datos dos involucrados, mais non existe polo de agora lei ningunha que obrigue a abrir estes expedientes, de maneira que a Igrexa se mantén na súa posición de bloqueo, rexeitando frontalmente o acceso aos documentos xa sexa a petición de particulares, institucións ou organismos.
En 2006 o Consello de Europa condenou formalmente o réxime franquista, con mención aos diversos abusos practicados polas autoridades, pondo de relevo o roubo de nenos.[10]
Dereitos e memoria histórica
editarPor un lado están as numerosas denuncias cursadas por particulares e por outro as diversas asociacións que na actualidade reclaman toda unha serie de dereitos, principalmente o de saber o destino dos involucrados, para o que recentemente insistiron no reclamo do emprego de probas de ADN[11]. Así, as organizacións de maior relevancia no Estado son:
- Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica (APRMH).
- Derecho a Saber (ANDAS), fundado polo xornalista Paco Lobatón xunto a diversos grupos de afectados.
- Psicólogos sin Fronteras, que colabora co APRMH cun centro de atención ás vítimas da Guerra civil e da ditadura[12], radicado en Madrid.
- Federación Estatal de Foros por la Memoria.
- Asociación Magistrados Europeos por la Democracia, considerando estes raptos "o meirande caso de desaparición forzada da Europa contemporánea"[13] e critican o feito de que a Lei de Memoria Histórica non dedique un só apartado a esta realidade[14].
Documentais
editar- Els nens perduts del franquisme. Unha reportaxe que revela os tráxicos niveis de represión franquista. Até a súa aparición na rede, o filme soamente fora exhibido en Cataluña, País Vasco e Andalucía, neste último territorio en horario de madrugada[15].
- Los niños que robó Franco Reportaxe de Informe semanal emitido en TVE que recompila as atrocidades cometidas neste novo episodio de represión e atrocidade a cargo do réxime franquista. Segundo o propio maxistrado Baltasar Garzón, "o roubo de nenos acontecido nos anos de franquismo foi peor ca o da ditadura arxentina".
Notas
editar- ↑ Nenos roubado: delitos permanentes segundo Baltasar Garzón (en castelán)
- ↑ A busca dos represaliados do franquismo Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Mi padre me confesó que nos habían comprado a un cura por 150.000 pesetas, reportaxe no diario El Mundo en setembro de 2010. (en castelán)
- ↑ Adoutrinamento e escravitude dos nenos roubados polo franquismo (en castelán)
- ↑ Un marxista, un débil mental (en castelán)
- ↑ Tras o xene do diaño (en castelán)
- ↑ Nenos perdidos (en castelán)
- ↑ Os nenos roubados: crimes contra a humanidade (en castelán)
- ↑ Os 30.000 menores roubados polo franquismo Arquivado 20 de agosto de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ O Consello de Europa e a condena ao franquismo (en castelán)
- ↑ As vítimas probas de ADN Arquivado 27 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Creación dunha oficina de atención ás vítimas (en castelán)
- ↑ Xuristas reclaman ao goberno unha investigación sobre os secuestros de menores no franquismo Arquivado 05 de abril de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Asociación de xuristas reclama ao Goberno estatal unha investigación[Ligazón morta] (en castelán)
- ↑ Artigo de Vicenç Navarro para El País Arquivado 16 de abril de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Mala gente que camina. Benjamín Prado. Editorial Alfaguara. ISBN 8420470198.
- El caso de los niños perdidos del franquismo: crimen contra la humanidad Miguel Ángel Rodríguez Arias. Editorial Tirant lo Blanch. ISBN 8498763037.
- Irredentas: Las presas políticas y sus hijos en las cárcelas franquistas. Ricard Vinyes. Temas de Hoy. ISBN 9788484602309.
- Testimonios de mujeres en las cárceles franquistas. Tomasa Cuevas. UNED. ISBN 8481271500.
- Los niños perdidos del franquismo. Montse Armengou. Plaza y Janés. ISBN 849759908X.
- Las fosas del silencio. Montse Armengou e Ricard Bellis. Plaza y Janés. ISBN 8497936256.
- Desaparecidos de la Guerra de España (1936-?) Rafael Torres. La Esfera de los libros. ISBN 8497340795.
- Los niños republicanos en la Guerra de España. Eduardo Pons Prades. Oberon. ISBN 8496052745.
- Las Guerras de los niños republicanos, 1936-1995. Eduardo Pons Prades. Compañía Literaria. ISBN 84-8213-053-6.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Foro por la Memoria (en castelán)
- Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica. (en castelán)
- A cuestión da impunidade en España e os crimes franquistas. (en castelán)
- Informe íntegro do consello de Europa condenando o franquismo con mención explícita ao secuestro de menores.[Ligazón morta] (en castelán)
- Onde están os nenos que o franquismo roubou?. Artigo no xornal galego Vieiros.
- The Lost children of Franco-era (en inglés)
- Los 10.000 niños que robó Franco, artigo de Vicente Romero. (en castelán)
- Miles de niños secuestrados por la dictadura de Franco en España, vídeo de TVE1 24h. (vía Youtube) (en castelán)
- Un fiscal indaga el destino de bebés robados en los años 60, nova aparecida no diario Público o 25 de xuño de 2010. (en castelán)