O abuso de poder é a imposición da vontade dunha persoa sobre a doutra, tendo por base o exercicio do poder. O abuso de poder pódese dar en diversos niveis de poder. O poder exercido pode ser económico, político ou calquera outra forma. O abuso caracterízase polo uso coercitivo deste poder para atinxir un determinado fin.

O abuso do poder económico é un dos xeradores de inxustiza social.

Poder editar

A noción de poder envolve aspectos máis amplos e complexos que o mero exercicio da autoridade sobre outro. Caracterizar o abuso de non é unha tarefa de simple identificación da acción do forte sobre o débil, senón que o poder, en determinadas situacións, muda de mans e toma matices que dificultan a identificación do seu abuso.

Formas editar

 
Placa nunha plataforma en Toquio, permitindo só mulleres, para evitar asedio sexual no tren.
  • Económico: uso do diñeiro ou dos bens materiais en detrimento doutro.
  • Político: uso da autoridade lexítima ou da influencia.
  • Informativo: quen ten o coñecemento ou a información négaa aos demais.
  • Ideolóxico: uso ilícito da ideoloxía.
  • Apadriñamento (nepotismo): uso de notoriedade, coñecementos ou autoridade.

Abuso de autoridade editar

Dáse un abuso de autoridade cando se atenta contra a liberdade de movemento, a inviolabilidade do domicilio, o secreto da correspondencia, a liberdade de conciencia e de crenza, a liberdade relixiosa, a liberdade de asociación, os dereitos e garantías legais, o dereito de reunión, a integridade física e os dereitos e garantías legais do exercicio profesional.

Abuso de poder económico editar

Constitúe abuso do poder económico toda forma de actividade co obxectivo da eliminación da competencia, dominio dos mercados ou aumento arbitrario dos lucros.

Acoso laboral editar

Artigo principal: Acoso laboral.

O asedio moral no ambiente de traballo é a exposición dos traballadores a situacións humillantes e constritivas, repetitivas e prolongadas durante a xornada de traballo e no exercicio das súas funcións. Este tipo de asedio é máis común en relacións xerárquicas autoritarias e desiguais, nas que predominan condutas negativas, relacións pouco humanas e anti-éticas de longa duración. O asedio moral desestabiliza á vítima en relación ao ambiente de traballo e á organización.

Coerción editar

A coerción é o acto de inducir, premer ou compeler a alguén a facer algo pola forza, intimidación ou ameaza. Cando tal coerción é permanente, considérase escravitude. Aínda que a coerción sexa considerada moralmente reprensíbel en moitas filosofías, é amplamente practicada en prisioneiros. Algúns críticos do capitalismo moderno denuncian que, sen redes de protección social, a escravitude salarial é inevitábel.

Acoso sexual editar

O acoso sexual é un tipo de coerción de carácter sexual, normalmente no canto de traballo ou ambiente académico. O asedio sexual caracterízase por unha ameaza, insinuación de ameaza ou hostilidade contra o subordinado, en base a posturas sexistas. O acoso sexual tamén pode ocorrer fóra do ambiente de traballo, en situacións en que a vítima pode ser coaccionada.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar