Abrir o menú principal

O Auxilio Social foi unha organización de inspiración fascista constituída durante a guerra civil española, englobada durante o franquismo dentro da Sección Feminina da Falange Española.

Historia e característicasEditar

Foi fundada por Mercedes Sanz Bachiller, viúva de Onésimo Redondo, un dos fundadores das JONS, grupo fascista que en 1934 se fusionou coa Falange Española de José Antonio Primo de Rivera. A organización, que inicialmente responde ao nome de Auxilio de Inverno xorde seguindo o modelo doutras organizacións similares da Alemaña nazi. É, xunto coa Igrexa católica e outros institucións afins a réxime franquista instaurado tras a guerra no Estado Español, unha das encargadas da reeducación dos nenos secuestrados durante a ditadura. En 1976, pasou a depender do Instituto de Asistencia Social do Ministerio de Gobernación de España.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Una familia mal Avenida. Falange, Iglesia y ejército. Lazo, Alfonso. Editorial Síntesis, S.A. MADRID. 2008. ISBN 978-84-9756-552-3
  • El auxilio social (1936-1940). La etapa fundacional y los primeros años. Orduña Prada, Mónica. Editorial Escuela Libre. Madrid. 1996

Outros artigosEditar