Ricard Vinyes
Ricard Vinyes Ribas, nado en Barcelona en 1952, é un historiador e profesor universitario catalàn.
![]() (2004) ![]() | |
Nome orixinal | (ca) Ricard Vinyes i Ribas ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1952 ![]() Barcelona, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Barcelona ![]() |
Director de tese | Josep Termes i Ardèvol ![]() |
Actividade | |
Ocupación | historiador , catedrático ![]() |
Empregador | Universidade de Barcelona ![]() |
Lingua | Lingua castelá e lingua catalá ![]() |
Premios | |
![]() |
Traxectoria
editarEstudou historia na Universidade de Barcelona, da cal foi catedrático de historia contemporánea dende 1977. En 2012 impartía a materia de Historia de Països Europeus I (Catalunya). Estudou a represión franquista durante a posguerra española. É autor de diversos libros en catalán e castelán.
Obra
editar- Catalunya internacional (1983).
- La presencia ignorada. Cultura comunista a Catalunya (1989).
- "Un conflicte de memòries: el Museu d'Història de Catalunya", na revista L'Avenç (2000).
- Irredentas (2002).
- Els nens perduts del franquisme (2002).
- El daño y la memoria. Las prisiones de María Salvo (2004).
- El Estado y la memoria. gobiernos y ciudadanos ante los traumas de la Historia (2009).
- Asalto a la memoria. Impunidades y reconciliaciones, símbolos y éticas (2011).
Recoñecementos
editarNo ano 2000 levou canda a Manel Risques Corbera o Premi Nacional de Patrimoni Cultural, concedido pola Generalitat de Cataluña.