Péptido natriurético auricular

vasodilatador e hormona polipeptídica secretada polas células musculares do corazón

O péptido natriurético auricular (ANP), factor natriurético auricular (ANF), hormona natriurética auricular (ANH), ou atriopeptina, é un potente vasodilatador, e unha hormona polipeptídica secretada polas células musculares do corazón.[1][2] Está implicado na homeostase da auga do corpo, do sodio, potasio e graxas do tecido adiposo. Libérase polas células musculares das cámaras superiores do corazón (aurículas), en resposta á presión sanguínea alta. O ANP actúa reducindo a auga, o sodio e a carga adiposa no sistema circulatorio, o que reduce a presión sanguínea.[1]

Péptido natriurético auricular.

Estrutura

editar

O ANP é un péptido de 28 aminoácidos cun anel de 17 aminoácidos no centro da molécula codificado por un xene do cromosoma 1 humano. O anel está formado por unha ponte disulfuro entre dúas cisteínas situadas nas posicións 7 e 23. O ANP está moi relacionado co péptido natriurético cerebral (BNP) e co péptido natriurético de tipo C (CNP), xa que os tres comparten o mesmo anel de aminoácidos. O ANP foi descuberto en 1981 por un equipo de investigadores en Kingston, Ontario, Canadá despois de que observasen que a inxección de extractos de tecidos da aurícula (pero non do ventrículo) nas ratas causaba unha forte natriurese (sodio na urina).[3]

Produción

editar

O ANP é producido, almacenado e liberado polos miocitos cardíacos das aurículas do corazón. Libérase en resposta ao estiramento na aurícula e por outros sinais inducidos pola hipervolemia, exercicio ou restrición calórica.[1] A hormona exprésase constitutivamente no ventrículo en resposta ao estrés inducido polo incremento do sangue que chega ao corazón (por exemplo, incremento da presión ventricular en casos de estenose aórtica) ou danos no corazón (por exemplo, infarto de miocardio).

O ANP secrétase en resposta a:

A aurícula disténdese cando hai moito fluído extracelular e volume sanguíneo, e na fibrilación auricular. A secreción de ANP aumenta en resposta á inmersión do corpo na auga, o que causa distensión auricular debido a que se produce unha alteración da distribución do fluído intravascular. A secreción de ANP en resposta ao exercicio foi tamén demostrada nos cabalos.[4]

Receptores

editar

Foron identificados tres tipos de receptores do péptido natriurético auricular da superficie celular, aos que se unen os péptidos natriuréticos. Denomínanse:

  • guanilil ciclase-A (GC-A), tamén chamada receptor A do péptido natriurético (NPRA/ANPA) ou NPR1.
  • guanilil ciclase-B (GC-B), tamén chamada receptor B do péptido natriurético (NPRB/ANPB) ou NPR2.
  • receptor de eliminación do péptido natriurético (NPRC/ANPC) ou NPR3.

O NPR-A e o NPR-B teñen un segmento que ocupa o grosor da membrana cun dominio extracelular que se une ao ligando. O dominio intracelular mantén dous dominios catalíticos de consenso para a actividade da guanilil ciclase. A unión dun péptido natriurético induce un cambio conformacional no receptor que causa a dimerización do receptor e a súa activación. Deste modo, a unión do ANP ao seu receptor causa a conversión de GTP a GMP cíclico (GMPc) e aumenta o GMPc intracelular. Como consecuencia, o GMPc activa unha quinase dependente do GMPc (PKG ou cGK) que fosforila proteínas nuns residuos específicos de serina e treonina. No sistema de túbulos colectores da medula renal, o GMPc xerado en resposta ao ANP non só pode actuar por medio da PKG senón tamén por medio da modulación directa das canles iónicas.[5] O NPR-C funciona principalmente como un receptor para a eliminación ao unir e secuestrar o ANP, retirándoo da circulación. Todos os péptidos natriuréticos poden unirse ao NPR-C. O péptido natriurético auricular e o péptido natriurético cerebral únense e activan a guanilil ciclase A (GC-A), e o péptido natriurético cerebral pode ademais unirse e activar á guanilil ciclase B (GC-B).[6]

Efectos fisiolóxicos

editar

o ANP únese a un conxunto específico de receptores, os receptores do ANP. A unión de agonistas dos receptores causa a redución do volume sanguíneo e, por tanto, a redución no gasto cardíaco e da presión arterial sistémica. A lipólise aumenta, e descende a reabsorción renal de sodio. O efecto global do ANP no corpo é contrarrestar o aumento da presión arterial e do volume sanguíneo causado polo sistema renina-anxiotensina.

Renais

editar

Vasculares

editar

Relaxa o músculo liso vascular das arteríolas e vénulas por:

Cardíacos

editar
  • Inhibe a hipertrofia cardíaca.
  • Os ratos que carecen do receptor NPRA cardíaco desenvolven un aumento de masa cardíaca, fibrose grave e morte súpeta.[8]
  • A re-expresión do NPRA fai que se torne á situación normal.

Pode estar asociado coa amiloidose auricular illada.[9]

Sobre o tecido adiposo

editar
  • Incrementa a liberación de ácidos graxos libres no tecido adiposo. As concentracións plasmáticas de glicerol e ácidos graxos non esterificados aumentan como consecuencia da infusión intravenosa de ANP en humanos.
  • Activa os receptores guanilil ciclase tipo A (NPR-A) da membrana plasmática dos adipocitos.
  • Incrementa os niveis de GMPc intracelular, que inducen a fosforilación da lipase sensible á hormona e perilipina A por medio da activación da proteína quinase I dependente do GMPc (cGK-I)
  • Non modula a produción de AMP cíclico nin a actividade da PKA.

Degradación

editar

A regulación dos efectos do ANP atínguese por medio da degradación gradual do péptido polo encima endopeptidase neutra (NEP). Recentemente, fabricáronse inhibidores da endopeptidase neutral; pero aínda non obtiveron permisos de uso. Poderían ser clinicamente útiles no tratamento da enfermidade conxestiva do corazón.

Outros factores natriuréticos

editar

Ademais dos péptidos natriuréticos dos mamíferos (ANP, BNP e CNP), foron illados noutros grupos animais outros péptidos natriuréticos con estrutura e propiedades similares. Tervonen (1998) describiu un péptido natriurético no salmón, chamado péptido cardíaco de salmón,[10] e o péptido natriurético de dendroaspis (DNP) forma parte do veleno das serpes africanas mambas verdes.[11]

Modulación farmacolóxica

editar

A endopeptidase neutra (NEP) é o encima que metaboliza os péptidos natriuréticos, polo que se están a desenvolver inhibidores deste encima para tratar trastornos como hipertensión e insuficiencia cardíaca. A maioría deles son inhibidores duais. O Omapatrilat (inhibidor dual do NEP e do encima conversor da anxiotensina) desenvolvido por BMS non recibiu aínda a aprobación da FDA nos Estados Unidos debido a que podería producir anxioedema. Outros inhibidores duais do NEP co receptor ACE/anxiotensina están investigándose actualmente polas compañías farmacéuticas.[12]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Eric P. Widmaier, Hershel Raff, Kevin T. Strang (2008). McGraw-Hill, ed. Vander's Human Physiology, 11th Ed. pp. 291, 509–10. ISBN 978-0-07-304962-5. 
  2. Potter LR, Yoder AR, Flora DR, Antos LK, Dickey DM (2009). "Natriuretic peptides: their structures, receptors, physiologic functions and therapeutic applications". Handb Exp Pharmacol. Handbook of Experimental Pharmacology 191 (191): 341–66. ISBN 978-3-540-68960-7. PMID 19089336. doi:10.1007/978-3-540-68964-5_15. 
  3. de Bold A (1985). "Atrial natriuretic factor: a hormone produced by the heart". Science 230 (4727): 767–70. PMID 2932797. doi:10.1126/science.2932797. 
  4. Kokkonen, Ulla-Maija (2002). "Plasma Atrial Natriuretic peptides in the horse and goat with special reference to exercising horses" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de marzo de 2012. Consultado o 05 de febreiro de 2012. 
  5. Medical Physiology (2nd Edition) – W. Boron & E. Boulpaep, Saunders Press
  6. Kaarin Mäkikallio (2002). "ANP". En Oulun yliopisto. Placental insufficiency and fetal heart: Doppler ultrasonographic and biochemical markers of fetal cardiac dysfunction. Oulu. ISBN 9514267370. OCLC 58358685. 
  7. Kiberd BA, Larson TS, Robertson CR, Jamison RL (1987). "Effect of atrial natriuretic peptide on vasa recta blood flow in the rat". Am. J. Physiol. 252 (6 Pt 2): F1112–7. PMID 2954471. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2009. Consultado o 05 de febreiro de 2012. 
  8. Kong X, Wang X, Hellermann G, Lockey RF, Mohapatra S (2007). "Mice Deficient in Atrial Natriuretic Peptide Receptor A (NPRA) Exhibit Decreased Lung Inflammation: Implication of NPRA Signaling in Asthma Pathogenesis". The Journal of Allergic and Clinical Immunology 119 (1): S127. doi:10.1016/j.jaci.2006.11.482. 
  9. Röcken C, Peters B, Juenemann G; et al. (2002). "Atrial amyloidosis: an arrhythmogenic substrate for persistent atrial fibrillation". Circulation 106 (16): 2091–7. PMID 12379579. doi:10.1161/01.CIR.0000034511.06350.DF. 
  10. Tervonen V, Arjamaa O, Kokkonen K, Ruskoaho H, Vuolteenaho O (1998). "A novel cardiac hormone related to A-, B- and C-type natriuretic peptides". Endocrinology 139 (9): 4021–5. PMID 9724061. doi:10.1210/en.139.9.4021. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 05 de febreiro de 2012. 
  11. Schweitz H, Vigne P, Moinier D, Frelin C, Lazdunski M (1992). "A new member of the natriuretic peptide family is present in the venom of the green mamba (Dendroaspis angusticeps)". J Biol Chem. 267 (20): 13928–32. PMID 1352773. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 05 de febreiro de 2012. 
  12. Venugopal J (2003). "Pharmacological modulation of the natriuretic peptide system". Expert Opinion on Therapeutic Patents 13 (9): 1389. doi:10.1517/13543776.13.9.1389. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  • MeshName - Atrial+Natriuretic+Factor [1]