Estenose aórtica
A estenose da válvula aórtica ou estenose aórtica (EA ou AS, do inglés: Aortic Stenosis) é unha valvulopatía caracterizada polo estreitamento anormal do orificio da válvula aórtica do corazón. Esta redución do orificio valvular pode ter unha orixe conxénita ou adquirida ao longo da vida e sendo na meirande parte dos casos secundaria á febre reumática ou a calcificacións asociadas á idade. A válvula aórtica é a responsábel de controlar a dirección do fluxo sanguíneo dende o ventrículo esquerdo até a arteria aorta. No seu correcto funcionamento, a válvula non impide ao sangue pasar entre estes dous espazos mais, dadas determinadas circunstancias, a válvula tórnase máis estreita do habitual, ofertando unha resistencia ao fluxo sanguíneo e xerando así un importante gradente de presión entre o ventrículo esquerdo (VI) e a aorta.
Epidemioloxía
editarA estenose aórtica é un problema común. Aproximadamente un 2% da poboación maior de 65 anos, un 3% das persoas maiores de 75 anos e un 4% de maiores de 85 anos sofren esta doenza. En Norteamérica e Europa, onde a poboación acada máis idade, a prevalenza da estenose aórtica está aumentando de cada vez máis. Por mor da considerábel morbilidade e mortalidade que comporta este trastorno, cun grande impacto persoal, social e económico, a estenose aórtica é un problema de saúde adoito habitual que a cada vez presenta maiores índices de estudo e tratamento coa intervención cirúrxica axeitada.
Diagnóstico
editarO electrocardiograma adoita abondar para demostrar evidencias de hipertrofia ventricular esquierda, un dos signos máis determinantes de estenose aórtica. Coa fluoroscopia pçodese visualizar calcificacións na válvula aórtica, porén, é a ecografía a que pode descartar a presenza de estenose da válvula aórtica. A valoración Doppler pode determinar o fluxo a través da válvula, definindo a gravidade da doenza.
A cateterización cardíaca diagnostica e valora a gravidade dunha estenose aórtica, a cal mide a presión a través da válvula, calculando o grao de obstrución.
Tratamento
editarA terapia con medicamentos non ten un rol definitivo no tratamento da estenose aórtica. Ocasionalmente lógrase aliviar temporalmente co uso de dixital e diuréticos, especialmente en casos asociados a insuficiencia cardíaca.
A estenose aórtica cúrase co reemplazamento da válvula aórtica, ben sexa mecánica ou biolóxica, usualmente porcina.