Ventrículo esquerdo

O ventrículo esquerdo é unha das catro cavidades cardíacas (dúas aurículas e dous ventrículos). É a parte do corazón con maior cantidade de tecido musculara, xa que o ventrículo esquerdo é quen impulsa o sangue cara a arteria aorta, a cal leva o sangue á circulación sistémica, isto é, todo o corpo agás os pulmóns. A válvula que conecta o ventrículo esquerdo coa arteria aorta é a válvula aórtica, ao tempo que a válvula que separa o ventrículo da aurícula esquerda é a válvula mitral. Polo ventrículo esquerdo circula sangue oxixenada que provén do pulmón a través das catro veas pulmonares.

1. Endocardio 2. Miocardio 3. Epicardio 4. Pericardio 5. Cámaras cardiacas 6. Aurícula dereita 7. Aurícula esquerda 8. Ventrículo dereito 9. Ventrículo esquerdo 10. Válvulas cardiacas 11. Válvula mitral 12. Válvula aórtica 13. Válvula pulmonar 14. Válvula tricúspide 15 Arteria aorta 16. Arteria pulmonar 17. Veas pulmonares 18. Vea cava superior 19. Vea cava inferior

Forma editar

O ventrículo esquerdo é máis alongado que o ventrículo dereito, e nun corte transversa a súa concavidade posúe unha sección ovalada ou case que circular. O ventrículo esquerdo e moito máis groso, pois é o que ha de bombear o sangue a unha maior presión cara o resto do organismo.

Véxase tamén editar