Otto Paul Wenger

numismático suízo


Otto Paul Wenger, nado en 1919 e finado o 25 de setembro de 1981, foi un numismático e comerciante de moedas suízo.

Infotaula de personaOtto Paul Wenger
Biografía
Nacemento1919
Morte25 de setembro de 1981 (62 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza Suíza
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSilvia Wenger.[1]

Traxectoria editar

Non foi ata os seus 30 anos, en 1949, cando Wenger se sentiu atraído pola numismática, logo da adquisición dun ás romano nun comercio en Basilea, coa que comezou a súa colección. En 1968, a explosión do interese pola prata en Alemaña e en Suíza motivou unha repentina afección polo coleccionismo, e Wenger aproveitou a ocasión para vender en 1970 a tenda de sombreiros familiar na que traballaba en Berna, recibida do seu pai, e establecer o seu propio comercio numismático.[1]

Cando o grupo Credit Suisse abriu un departamento numismático na cidade, situado na Bundesplatz, esta entidade contratouno como numismático encargado e a partir de entón comezou a ser o responsable da redacción dos seus catálogos de poxas.[1]

En 1954 incorporouse á Sociedade Suíza de Numismática, da que foi membro ata a súa morte, ocupando o cargo de secretario entre 1967 e 1975. Ademais, en 1979 encomendóuselle a secretaría do IX Congreso Internacional de Numismática, organizado pola Comisión Internacional de Numismática en Berna.[1]

O seu coñecemento do mundo numismático motivouno a publicar unha boa cantidade de artigos divulgativos en diferentes medios, principalmente non numismáticos, así como media ducia de monografías, entre as que sobresae Kleine Münzkunde (1963). No momento do seu falecemento, Otto Paul Wenger estaba a traballar nun libro sobre as imaxes de plantas nas moedas.[1]

Publicacións editar

Estes son os traballos monográficos máis representativas dos publicados por Wenger ao longo da súa traxectoria:[2]

  • (1961). Münzen aus dem antiken Griechenland. National-Zeitung, Basilea.
  • (1963). Kleine Münzkunde. Hallwag, Berna.
  • (1971). Antike Numismatik für Anfänger. Hallwag, Berna. ISBN 9783444510595
  • (1974). Griechische Münzen. Hallwag, Berna. ISBN 9783444510564
  • (1975). Römische Kaisermünzen. Hallwag, Berna. ISBN 9783444510595
  • (1978). Einführung in die Numismatik. Schweizerische Kreditanstalt, Zürich.

Premio Otto Paul Wenger editar

Artigo principal: Premio Otto Paul Wenger.

Desde 1982, a Asociación de Numismáticos Profesionais Suízos outorga o premio Otto Paul Wenger (Otto-Paul-Wenger-Preis) a persoas e institucións en recoñecemento dos seus logros especiais ao servizo dos coleccionistas de moedas.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Cahn, H. A. (1981).
  2. "Wenger, Otto Paul". WorldCat Identities.
  3. "Otto Paul Wenger-Preis". Numis Post (www.numis-online-ch).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar