Os da Ría

grupo musical galego

Os da Ría è unha banda de música de Santiago de Compostela, activa entre 2009 e 2017 e de novo dende 2022 coa formación orixinal. O seu repertorio musical recorre, desde o territorio do absurdo, da crítica máis ácida e da parodia, a vida social, cultural e política de Galicia.

Os da Ría
Os da Ría ao completo (Fabián, Arturo e mais os catro músicos).
MembrosCarlos Meixide (Arturo Puy), Tomás Lijó (Fabián Santomé), Suso Pián, Eneko Toba, Roque Permuy e Ramón Reynolds.
Na rede
Facebook: osdaria Editar o valor em Wikidata
Fabián (esq) e Arturito (dta).

Traxectoria editar

O grupo naceu nas Ultranoites da desaparecida Sala Nasa. Ademais das súa actividade musical participan en movementos en defensa da lingua galega e promocionan o seu uso. Eles mesmos describen o seu tipo de música como "canción lixeira galegueira mais con moito sentimento".[1]

Carlos Meixide (Coñecido musicalmente por Arturo Puy) e Tomás Lijó (Coñecido musicalmente por Fabián Santomé), coñécense xa desde 1995, xa integrados no mundo da música. Daquela Arturo tiña en mente algún proxecto con Teo Cardalda, e Fabián facía correccións lingüísticas para as cancións de Manolo Muñiz. No 2009 únense e en compañía de catro músicos forman Os da Ría: Suso Pián (teclado), Eneko Toba (guitarra), Roque Permuy (baixo), Ramón Reynolds (batería) e Arturo e Fabián (voz).[Cómpre referencia]

Discografía editar

Disco Díscolo (2012) editar

No Nadal de 2012 lanzaron o seu disco “Díscolo”, polo cal ampliaron a banda con tres dos membros da Magnifique Band dos Homes sen Medo e o Coro da Ra nalgunhas cancións. O disco foi gravado nos Estudos A Ponte.[2]

Cancións do disco
"Froilán terceiro, ti es o noso herdeiro"
"Infanta Elena"
"Chinchín polo borrachín do pueblo"
"Hoxe é un día distinto, é o día do viño tinto"
"Caramba, que guapa estas"
"Alberte Núñez Feixóo"
"Sin duda leo a Neruda"
"A Conga de Uxío Novoneyra"
"Esta canción non é moi boa pero chega ao corazón"
"Galicia, Hai que apandar"
"Virando louco"
"Bicos, bicos, gústanme os bicos"
"Miguel Delibes"
"Fernando Ónega"

Disco Póstumo (2015) editar

Cancións do disco
"Parrillada de amor"
"Unha nova Galicia"
"Rosita Fernández Teijeiro"
"Lokita Lopone"
"Parolada"
"Fimno Galego Rancheira"
"Toma cachondexo"

Os da Ría íntimos editar

Tempo despois do lanzamento de "Díscolo" Arturo e Fabián están acompañados só polo seu pianista para acercarse mais ó público.

Notas editar

  1. Os da Ría no Facebook
  2. Quadra Producións (2013-12-23). "Os da Ría Concerto Disco Discolo". Consultado o 2017-10-08.