Carlos Meixide

escritor, xornalista e humorista galego

Carlos González Meixide, nado en Vilagarcía de Arousa o 21 de xaneiro de 1977, é un escritor, xornalista e humorista galego.

Infotaula de personaCarlos Meixide

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xaneiro de 1977 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Debutou na literatura co libro infantil A Miragaia, publicado en 2004 pola Editorial Sotelo Blanco.

A súa novela O Home Inédito, converteuse en 2005 na primeira novela en galego editada en Internet. A súa versión en papel apareceu un ano máis tarde publicada por Ediciós da Rotonda, de Rinoceronte Editora.[1][2]

A partir de 2014, Meixide autoedita as súas propias obras. Alcanzou notable popularidade unha serie de aventuras de vacacións dun grupo de adolescentes en distintos lugares de Galicia (conformada ata agora polas novelas Ons,[3] Cans,[4] Guitiriz[5] e Arousa[6]).

É tamén editor dos volumes do Bestiario do Vestiario, do xornalista e escritor Martiño Suárez.

Entre as súas achegas ao campo audiovisual destacan as seguintes: codirixiu con Tomás Lijó a curtametraxe O meu nome, o meu mundo,[7] que en 2001 participou no Festival Internacional de Cinema e Vídeo Independente de Nova York;[8] a proxección da curta estaba prevista para o día 11 de setembro, data do atentado das Torres Xemelgas, polo que tivo que ser adiada uns días[9]. A partir daquela experiencia, Lijó e Meixide realizaron o documental Cascallos,[10] proxectado en 2011 no Festival Cineuropa de Santiago de Compostela.[11] Con Tomás Lijó formou tamén o dúo musical Os da Ría.

Entre 2005 e 2009 traballou -primeiro como redactor e máis tarde como director- no programa da Televisión de Galicia Onda Curta,[12] centrado nas curtametraxes.

En decembro de 2018 recibiu o I Premio de Novela Camiño de Santiago pola súa obra Camiño de paixóns.[13]

En 2021 creou canda a Berta Dávila o selo editorial Rodolfo e Priscila[14].

Obra editar

Infanto-xuvenil editar

Os cinco de Ons editar

Tradución editar

Premios editar

  • 2019: I Premio de Novela do Camiño de Santiago por Camiño de paixóns.

Notas editar

  1. "O home inédito". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2018-12-18. 
  2. "O home inédito en papel". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2018. 
  3. Lecturafilia (2016-05-30). "Ons, de Carlos Meixide". Lecturafilia (en castelán). Consultado o 2018-12-18. 
  4. "Carlos Meixide: “Teño unha editorial na que son o autor principal do catálogo”". BiosBardia. 2017-05-22. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-18. 
  5. "Guitiriz, de Carlos Meixide". Caderno da crítica. 2018-03-24. Consultado o 2018-12-18. 
  6. "Novidade (52): Arousa, de Carlos Meixide". Caderno da crítica. 2018-11-15. Consultado o 2018-12-18. 
  7. "O meu nome, o meu mundo". culturagalega.gal. Consultado o 2018-12-18. 
  8. "Vieiros: Galiza Hoxe - Curta galega no Festival de Cinema e Vídeo de NY". www.vieiros.com. Consultado o 2018-12-18. 
  9. Ediciones El País (2011-09-09). "Una aventura de cine en el 11-S". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2018-12-18. 
  10. "Cascallos". culturagalega.gal. Consultado o 2018-12-18. 
  11. "Cascallos en Cineuropa 2011". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2012. Consultado o 18 de decembro de 2018. 
  12. "Onda curta". culturagalega.gal. Consultado o 2018-12-18. 
  13. Galicia, Xunta de (2018-12-17). "Román Rodríguez destaca o potencial da literatura para promover e divulgar o fenómeno Xacobeo na entrega do I Premio de Novela ‘Camiño de Santiago’". noticiasde.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2019. Consultado o 2018-12-18. 
  14. "Berta Dávila e Carlos Meixide lanzan o selo editorial independente "Rodolfo e Priscila"". Nós Diario. 11 de novembro de 2021. 
  15. "Camiño de Paixóns". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2019. Consultado o 2019-07-16. 
  16. Ramón Nicolás (7 de decembro de 2021). "Pequeno álbum de Nova York en inverno, de Berta Dávila e Carlos Meixide". Caderno da Crítica. 
  17. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-03-13. 
  18. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-03-13. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar