Odetta
Odetta Holmes, nada en Birmingham (Alabama) o 31 de decembro de 1930 e finada en Nova York o 2 de decembro de 2008, foi unha cantante, actriz, guitarrista e compositora estadounidense, coñecida como Odetta. Amais foi unha activista dos dereitos humanos, coñecida tamén como "A voz do movemento dos dereitos civís".
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de decembro de 1930 Birmingham, Estados Unidos de América |
Morte | 2 de decembro de 2008 (77 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Harlem Meer (en) |
Grupo étnico | Afroamericano |
Educación | Los Angeles City College (en) Belmont High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, actriz de televisión, compositora de cancións, guitarrista, actriz, artista discográfico |
Período de actividade | 1944 - 2005 |
Xénero artístico | Música tradicional, Jazz blues (pt) , country blues (pt) e música pop |
Instrumento | Guitarra, teclado e voz |
Selo discográfico | Fantasy RCA Records Tradition Records (en) Fast Folk (en) |
Participou en | |
1970 | Mariposa Folk Festival 1970 (en) |
Obra | |
Arquivos en | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Notable Black American Women Biographical Dictionary of Afro-American and African Musicians |
Sitio web | odettamusic.com |
|
O seu estilo musical varía desde o folk estadounidense, o blues, o jazz, ata os espirituais negros. É unha figura importante da explosión musical dos cincuenta e sesenta dos Estados Unidos, canda outros músicos, como poden ser Bob Dylan, Joan Baez, Mavis Staples e Janis Joplin.
Traxectoria
editarAínda que naceu en Alabama, tras morrer seu pai cando ela tiña 7 anos, trasladouse con súa nai aos Ánxeles, onde se criou. Iniciouse no mundo da música aos 13 anos, recibindo leccións de ópera.[1]
Foi ese mesmo ano onde estivo presente na marcha polos dereitos civís en Washington organizada por Martin Luther King, onde interpretou a canción "O Freedom". Barack Obama invitouna a participar na súa cerimonia de investidura, pero faleceu o 2 de decembro de 2008 aos 77 anos por mor dunha enfermidade cardíaca no Hospital Lenox Hill de Nova York.[1]
Discografía
editar- The Tin Angel (1954)
- Odetta Sings Ballads and Blues (1956)
- At the Gate of Horn (1957)
- My Eyes Have Seen (1959)
- Ballad For Americans and Other American Ballads (1960)
- Christmas Spirituals (1960)
- Odetta and The Blues (1962)
- Sometimes I Feel Like Cryin (1962)
- One Grain of Sand (1963)
- Odetta and Larry (1963)
- Odetta Sings Folk Songs (1963)
- It's a Mighty World (1964)
- Odetta Sings of Many Things (1964)
- Odetta Sings Dylan (1965)
- Odetta (1967)
- Odetta Sings (1970)
- Movin' It On (1987)
- Christmas Spirituals (1988)
- Blues Everywhere I Go (1999)
- Looking For a Home (2001)
- Women in (E)motion (2002)
- Gonna Let It Shine (2005)