Oca, Coristanco

parroquia civil do concello de Coristanco

San Martiño de Oca é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 482 habitantes (243 mulleres e 239 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 627 habitantes.

Oca
Ponte Lubiáns.
ConcelloCoristanco[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°12′00″N 8°43′43″O / 43.20006, -8.72851
Área5,56 km²
Poboación482 hab. (2018)
Densidade86,69 hab./km²
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

Separada de Carballo polos ríos Grande e Rosende e de Sísamo polo Anllóns, a hidrografía cobra unha especial importancia nesta zona.

A parroquia está ben comunicada co resto das parroquias e cos centros comerciais e administrativos.

Patrimonio

editar

A ponte Lubiáns, sobre o río Rosende, foi construída durante a Romanización de Galicia e reformada na idade media. Nela hai un altar dedicado ao deus Cosus, protector das colleitas do agro. De grande importancia é tamén o Castro de Oca, de orixe celta.

Destaca tamén a Igrexa parroquial de San Martiño de Oca onde se venera o Santísimo Sacramento, San Brais, a Virxe da Candelaria, a Virxe do Corpiño, Santa Lucía e o propio San Martiño, os cales atraen numerosos fregueses.

Festas

editar

Na parroquia de Oca celébranse ao longo do ano numerosas festas, entre as que destacan:

  • Virxe da Candelaria (2 de febreiro)
  • San Brais (3 de febreiro)
  • Santo Antonio (13 de xuño)
  • Virxe do Corpiño (1ª fin de semana de xullo)
  • Santísimo Sacramento (2ª fin de semana de setembro)
  • San Martiño, patrón de Oca (11 de novembro)
  • Santa Lucía (13 de decembro)

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Oca

editar
Lugares da parroquia de Oca no concello de Coristanco (A Coruña)

O Canal | O Capelán | Carantos | Codesido | A Miñata | Montecelo | Oca | Podrizo | O Porto | Portugal

Parroquias de Coristanco

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Coristanco

A Agualada (San Lourenzo) | Cereo (Santa María) | Coristanco (San Paio) | Couso (San Miguel) | Cuns (San Vicenzo) | Erbecedo (San Salvador) | Ferreira (Santa María) | Oca (San Martiño) | San Xusto (San Xián) | Santa Baia de Castro (Santa Baia) | Seavia (San Mamede) | Traba (Santa María) | Valenza (San Pedro) | Verdes (Santo Adrán) | Xaviña (San Tomé)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar