Cuns, Coristanco
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
San Vicenzo de Cuns[1] é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 243 habitantes, sendo 120 homes e 123 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 379 habitantes (192 mulleres e 187 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 412 habitantes.
Cuns | |
---|---|
Cruceiro e igrexa de San Vicenzo de Cuns. | |
Concello | Coristanco[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°07′46″N 8°50′31″O / 43.12958333, -8.84197222Coordenadas: 43°07′46″N 8°50′31″O / 43.12958333, -8.84197222 |
Área | 13 km² |
Poboación | 243 hab. (2018) |
Densidade | 18,69 hab./km² |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Na parroquia existe unha lagoa que segue mantendo o seu encanto a pesar de que parte da súa contorna está nun estado de abandono.
Toponimia editar
Non dispoñemos de información para os topónimos de Cuns, Albres, Moucos e Sordíns. Para os demais lugares séguense as ideas propostas, basicamente, por Fernando Cabeza Quiles. A Balsa: este nome ten unha orixe prerromana cun primeiro significado de sitio ou valgada encharcada e máis tarde relacionado co de caixa, dorna embarcación. Tamén propón a idea de que estea relacionada cun oco de terreo que se enche de auga. Desde logo que a auga alí non escasea. A Gandriña tería certa relación cun terreo inculto e pedregoso. O diminutivo -iña fai alusión a un pequeno tamaño. O Igrexario alude aos predios dependentes ou propiedade da Igrexa. O Pazo da Trabe: Pazo viría do termo latino palatius, relacionado con casas ou mansións señoriais; o segundo termo, na actualidade, ten o significado de elemento sustentador da teitume dunha casa. O Pazo Vello: a explicación iría no senso do topónimo anterior e faría alusión a un pazo máis antigo. Rial: o máis probable é que proceda da voz regale, derivada de rego, e faría referencia a pequenas correntes de auga. O Rueiro podería estar relacionado cunha rúa estreita e de pouca importancia.[2]
Lugares e parroquias editar
Lugares de Cuns editar
Lugares da parroquia de Cuns no concello de Coristanco (A Coruña) | |
---|---|
Albres | A Balsa | A Gandriña | O Igrexario | Moucos | O Pazo da Trabe | O Pazo Vello | Rial | O Rueiro | Sordíns |
Parroquias de Coristanco editar
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Domínguez Rial, Evaristo (2015). Coristanco.As súas parroquias. Embora edicións. ISBN 978-84-16456-10-9.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Parroquias de Couso e Cuns. Andando por Bergantiños. Instituto de Estudos Bergantiñáns. 2004.
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
Este artigo sobre parroquias da Coruña é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |