Ferreira, Coristanco
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Santa María de Ferreira é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. En 2018 contaba con 162 habitantes dos cales 69 eran homes e 93 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 192 habitantes (104 mulleres e 88 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 209 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 174 habitantes, sendo 77 homes e 97 mulleres.
Ferreira | |
---|---|
Cruceiro e igrexa de Santa María de Ferreira. | |
Concello | Coristanco[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°09′09″N 8°46′53″O / 43.15261327, -8.78138637 |
Área | 5 km² |
Poboación | 162 hab. (2018) |
Densidade | 32,4 hab./km² |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Referencias medievais
editarÉ probable que nos primeiros séculos da Idade Media pertencese ao territorio dos cóporos ou dos brigantinos e que polo século XII estivesen dentro das posesións dos Condes de Traba e dentro da área de influencia do bispado iriense.[Cómpre referencia]
Debeu estar moi poboada xa no Neolítico porque no seu territorio, segundo o Inventario de patrimonio (2000) había tres mámoas localizadas no Chao da Embarradas que pasarían a ser sete, segundo o traballo de campo para a elaboración do PXOM. No citado Inventario do PXOM incluirían o cruceiro e a igrexa parroquial ademais de: catro muíños, dous hórreos, casa con dependencias e dous conxuntos singulares. A primeira referencia histórica que atopamos está relacionada cun camiño da época medieval que, segundo Elisa María Ferreira Priegue, uniría Bergantiños coas terras do occidente coruñés remontando as empinadas abas de Ferreira e, despois de pasar pola Agualada, torcería en dirección a Cuns e Sordíns e, desde alí, seguiría por Gándara e Carreira cara a Dumbría e Cee.
Lugares e parroquias
editarLugares de Ferreira
editarLugares da parroquia de Ferreira no concello de Coristanco (A Coruña) | |
---|---|
Bieite de Abaixo | Bieite de Arriba | Ferreira | Figueiras | O Piñeiro | O Pontillón | O Porto | As Teixoeiras |
Parroquias de Coristanco
editarNotas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Parroquias de Ferreira, Couso e Seavia. Andando por Bergantiños. Instituto de Estudos Bergantiñáns. 2015.
Outros artigos
editar Este artigo sobre parroquias da Coruña é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |