O coelliño branco

libro infantil, adaptación do conto portugués por Xosé Ballesteros

O coelliño branco[1] é un álbum ilustrado[2] por Óscar Villán e adaptado por Xosé Ballesteros a partir dun conto popular portugués[3]. Foi publicado pola editorial Kalandraka en 1998, e galardoado, en España, co Premio Nacional de Ilustración no ano 1999 e en 2010 co Premio "Un libro per L‘Ambiente".[3] A obra ten traducións en portugués, inglés, éuscaro, catalán, castelán e italiano.[4]

O coelliño branco
Título orixinalO coelliño branco
Autor/aXosé Ballesteros
Ilustrador/aÓscar Villán Seoane
Lugar de pub.Pontevedra
Lingualingua galega
Xénero(s)conto
Data de pub.setembro de 1998
editar datos en Wikidata ]

A terceira edición, do ano 2006, ten un formato cadrado (22×22 cm),32 páxinas e unha encadenación en cartoné.[5] Tanto a cuberta como a contracuberta teñen un fondo fucsia, onde, por un lado, aparece o protagonista da obra: o coelliño branco e, pola contra, o debuxo da formiga. Na garda dianteira, sobre un fondo morado, aparecen na parte superior as grandes orellas entrelazadas do coelliño e, na garda traseira, aparecen na parte inferior, as patiñas da formiga.

Foi incluída en diversos programas nacionais de lectura, como o SEP de México, o Plan Nacional Lectura de Portugal e o Programa "Nati per leggere" en Italia.[3]

Trama editar

A historia trata dun coelliño que, tras ir buscar coles á súa horta para facer un caldiño, cando volve á casa, encontra a Cabra Cabresa, unha cabra moi grande que non o deixa entrar, quen lle di “- Eu son a Cabra Cabresa, e se non marchas, sáltoche por riba da cabeza-”. Nese momento, o coelliño emprende a súa aventura na procura de alguén que o axude; polo camiño, vai encontrando diferentes animais, pero ningún se atreve a facelo. Finalmente, atópase cunha formiga do máis valorosa que logra que a cabra fuxa e deixe o coelliño tranquilo.[6]

Notas editar

  1. Ballesteros, Xosé (2006). O coelliño branco (3 ed.). Pontevedra: Kalandraka. ISBN 978-84-8464-548-1. OCLC 733663741. 
  2. "AEDA - Libro álbum. Herramientas para el análisis". narracionoral.es. Consultado o 2021-11-05. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Kalandraka editora. (2021). Catálogo 2021, páxina 16.
  4. "O coelliño branco". Kalandraka Editora. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2022. Consultado o 20 de xaneiro de 2022. 
  5. España. Ministerio de Cultura e Deporte (ed.). "O coelliño branco". Base de datos de libros editados en España. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2021. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  6. "El conejo blanco". Blog primeiras lecturas. Consultado o 5 de novembro de 2011. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar