O Santo, Nantes, Sanxenxo

lugar da parroquia de Nantes, no concello de Sanxenxo

Coordenadas: 42°25′26″N 08°48′42″O / 42.42389, -8.81167

O Santo é un lugar da parroquia de Nantes do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 53 habitantes en 2016 (30 mulleres e 23 homes), o que representa un descenso continuado respecto ós anos 2009, cando tiña 64 veciños, e 2004, cando eran 72.

O Santo
Relevo na capela do Santo
ParroquiaNantes
ConcelloSanxenxo
Coordenadas42°25′26″N 8°48′42″O / 42.42388889, -8.81166667
Poboación53 hab. (2018)
editar datos en Wikidata ]
Capela do Santo.

Patrimonio Editar

Existe unha pequena capela construída en 1591[1], dedicada ó frade franciscano Xoán de Navarrete, a quen disque fai alusión o topónimo, e que segundo a lenda faleceu aquí tras caer dun asno cando volvía ao convento de San Francisco de Pontevedra (onde está soterrado) despois de dar misa en Adina. Na fachada loce un escudo coa imaxe de dous bois, que lembra a xugada que doou o abade para traer a pedra necesaria para a construción da capela[2].

Lugares e parroquias Editar

Lugares de Nantes Editar

Lugares da parroquia de Nantes no concello de Sanxenxo (Pontevedra)

Bouzón | Buezas | A Cachada | A Cancela | O Casal | Contomil | Dadín |Gandra | A Igrexa | Pazos | Pedroño | Pedrouzos | A Revolta | O Santo | Seixomil

Parroquias de Sanxenxo Editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Sanxenxo

Adina (Santa María) | Arra (San Amaro) | Bordóns (San Pedro) | Dorrón (San Xoán) | Gondar (San Tomé) | Nantes (Santa Baia) | Noalla (Santo Estevo) | Padriñán (San Xenxo) | Vilalonga (San Pedro)

Notas Editar

  1. Capela do Santo na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  2. Gran Enciclopedia Galega, s. v. Sanxenxo, t. 40, px. 163.

Véxase tamén Editar