O Novo Galiciano foi un semanario galego que se editou en Pontevedra entre 1888 e 1889.

O Novo Galiciano

Editar o valor em Wikidata
Lingualingua galega
LocalidadePontevedra
Na rede
Galiciana: 9079
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Defensor d’os intereses gallegos, tiña carácter rexionalista. Periódico semanal, publícase os domingos. O seu director foi Juan Manuel Rodríguez de Cea, quen tamén colaboraba xunto a Ricardo Barros Pintos. Nel publicaron prosa e poesía Cesáreo López Pinal, Francisco Lourido Sánchez, Marcial Valladares, Juan Barcia Caballero, Heraclio Pérez Placer e Máximo Leyes Posse. Conviviu algúns anos co periódico O Galiciano.