Francisco Lourido Sánchez

xornalista español

Francisco Lourido Sánchez, nado en Vilasindre (Cangas, Foz) o 23 de novembro de 1847 e finado en Arecibo (Porto Rico) no primeiro cuarto do século XX, foi un escritor galego.

Infotaula de personaFrancisco Lourido Sánchez
Biografía
Nacemento1847 Editar o valor em Wikidata (176/177 anos)
Foz, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Esteban Lourido Rivas (alcalde de Foz de 1865 a 1867) e Joaquina Sánchez Baño, de Xuances (Xove). Emigrou con 19 anos a illa de Porto Rico. Despois pasou a Cuba. En 1883 residía na Habana onde publicaba poesías na prensa, principalmente en El Eco de Galicia. Tamén publicou en galego o poema "Dúas almas amigas" en O Tio Marcos d'a Portela e "Os dous compadres" (conto en prosa versada) en A Gaita Gallega. En Porto Rico publicou o libro de poemas Genialidades (1897). Composicións súas apareceron en O Novo Galiciano, Cultura Gallega e Vida Gallega.

Vida persoal editar

Casou con Avelina Cao, a súa filla Consuelo Lourido Cao casou con José Ramón Vázquez.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar