Nucifraga multipunctata

Nucifraga multipunctata

Lámina de Nucifraga multipunctata
en John Gould: Birds of Asia. Volume V.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Corvidae
Xénero: Nucifraga
Especie: N. multipunctata
Nome binomial
Nucifraga multipunctata
Gould, 1849

Nucifraga multipunctata é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das tres integradas no xénero Nucifraga,[2][3] coñecida popularmente na bibliografía internacional como crebanoces do Himalaia, xa que habita no Himalaia e zonas próximas.

Nucifraga multipunctata en Paquistán

As outras dúas especies do xénero son Nucifraga caryocatactes, distribuída por Eurasia, e Nucifraga columbiana, propia do oeste de América do Norte.

Antigamente considerouse como unha subespecie de Nucifraga caryocatactes (Nucifraga caryocatactes multipunctata).

Taxonomía editar

Sinónimo editar

Como quedou dito, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo:[2]

  • Nucifraga caryocatactes multipunctata (Linnaeus, 1758)

Distribución editar

É unha especie endémica do Himalaia occidental e os seus contrafortes.[4]

Historia taxonómica e características editar

Nucifraga multipunctata está estreitamente relacionada con Nucifraga caryocatactes, da que só se separou recentemente. Algunhas autoridades aínda tratan estas formas como conespecíficas.[1]

As dúas especies son similares en aparencia, aínda que N. multipunctata distínguese de N. caryocatactes por un aspecto xeral máis abrancazado, xunto cunha coroa amorurada, contrastante, nas ás e na base da cola. Tamén ten manchas brancas na base da cola, que é relativamente máis delgada e máis longa.[1]

É unha especie monotípica.[5]

Estado de conservación editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), considerando que esta especie ten unha área de distribución extraordinariamente grande e, polo tanto, non se acerca aos limiares de "vulnerábel" segundo o criterio do tamaño do rango (extensión de presenza <20 000 km2), e a pesar de que a tendencia da poboación parece estar diminuíndo, non se cre que a diminución sexa o suficientemente rápida como para acercarse aos limiares de vulnerábel. O tamaño da poboación é extremadamente grande e, polo tanto, non se acerca aos limiares de vulnerábel segundo este criterio. Por todo isto, a UICN avalía o status desta especie como LC (pouco preocupante).[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 BirdLife International (2017): Nucifraga multipunctata na Lista vermella da UICN. Versión 2912-2. Consutada o 3 de decembro de 2021.
  2. 2,0 2,1 Nucifraga multipunctata Gould, 1849 no GBIF. Consutado o 3 de decembro de 2021.
  3. Nucifraga multipunctata Gould, 1849 no ITIS. Consutado o 3 de decembro de 2021.
  4. Rasmussen, P. C. & J. C. Anderton (2005): Birds of South Asia. The Ripley guide. Volume 2: attributes and status. Lynx Edicions. Barcelona. ISBN 978-84-9655-385-9.
  5. Kashmir Nutcracker. Nucifraga multipunctata en birdsoftheworld.org (en inglés). Consutada o 3 de decembro de 2021.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar