A novena cruzada considérase en moitas ocasións como parte da oitava cruzada. O príncipe Eduardo de Inglaterra, despois Eduardo I, uniuse á cruzada de Lois IX de Francia contra Tunisia, pero chegou ao campamento francés tras a morte do rei. Tras pasar o inverno en Sicilia, decidiu continuar coa cruzada e comandou os seus seguidores, entre mil e dous mil, até Acre, onde chegou 9 de maio de 1271. Tamén lle acompañaban un pequeno destacamento de bretóns e outro de flamengos, mandados polo bispo de Liexa, que abandonaría a campaña no inverno ante a noticia da súa elección como novo papa (Gregorio X).

Novena Cruzada
Parte de  Cruzadas

Operacións da campaña
Data 1271-1272
Lugar Oriente Próximo
Resultado Vitoria musulmá
Estancamento.
Fin das Cruzadas no Oriente Próximo.
Inicio do fin dos estados cristiáns no Levante.
Cambios territoriais Os mamelucos toman o control de Terra Santa
Belixerantes
Cruzados

Imperio mongol

Sarracenos
Líderes
Carlos de Anjou
Hugo III
Príncipe Eduardo
Bohemundo VI
Abaqa Kan
León II
Baibars
Forzas en combate
60 000 homes[1] Descoñecido

Antecedentes editar

En 1268 Baybars, o sultán mameluco de Exipto, conquistara o Principado de Antioquía,[2] e xa reducira o Reino de Xerusalén, a unha pequena franxa de terra entre Sidón e Acre. O rei de Inglaterra, Henrique III, fixera votos había tempo de participar nun cruzada pero, xa ancián, permitiu que o fixese o seu fillo e herdeiro, e vital e desapiadado príncipe Eduardo, veterano das guerras cos vasalos do seu pai.[3] A caída de Antioquía decidiulle a emprender os preparativos necesarios.[3] Aínda que ao principio numerosos nobres ingleses prometeron acompañalo, aos poucos uns e outros atoparon escusas para non facelo, polo que o príncipe partiu no verán de 1271 cara a Terra Santa con apenas un milleiro de homes.[3] Acompañouno na viaxe a súa esposa, Leonor de Castela.[3] Ás forzas de Eduardo uníronse meses máis tarde algunhas tropas máis, que chegaron mandadas polo seu irmán Edmundo de Lancaster.[3] Como complemento dos soldados ingleses viaxan tamén un continxente bretón acaudillado polo seu conde e outro dos Países Baixos, mandado polo bispo de Liexa

Fracaso en Tunisia e travesía a Terra Santa editar

O plan inicial de Eduardo fora o de unirse a Lois IX de Francia en Tunisia e seguir con el até Terra Santa.[3] Con todo, para cando chegou alí, o monarca francés morrera e as hostes francesas alistábanse para volver á súa terra, o que desbaratou o plan.[3] Eduardo pasou coas súas forzas a Sicilia, onde pasou o inverno antes de cruzar o resto do Mediterráneo na primavera de 1279.[3] Tras facer escala en Chipre, arribou a Acre o 9 de maio.[3] Alí uníronselle Bohemundo VI de Antioquía e Hugo III de Chipre.[3]

Debilidade militar e rifas cruzadas editar

Eduardo era consciente da debilidade das súas propias forzas para acometer por si só ao sultán exipcio, polo que contaba con reunir ao redor de si aos cristiáns de Levante e aliarse cos mongois do Ilkanato para facelo.[4] Ao chegar a Levante, atopouse coas rifas que dividían aos distintos señores da rexión, aos vasalos do rei de Chipre co seu soberano e co florecente comercio que venecianos e xenoveses mantiñan co sultán —os primeiros fornecíanlle madeira e ferro, crucial para armarse, e os segundos, escravos—.[5] A cooperación mongol tamén foi escasa para o que esperaba o príncipe inglés: cando a embaixada que enviou a Abaqa Kan chegou ante el, o groso das forzas o Ilkanato estaban enfrascadas en campañas no Turquestán.[5] A pesar de todo, o ilkán prometeu enviar forzas para colaborar cos cruzados.[5]

No inverno de 1271-1272, o bispo de Liexa abandonou a campaña e regresou a Europa, xa que se lle elixiu papa —escolleu o nome de Gregorio X—.[6] Os seus posteriores esforzos para organizar novas cruzadas resultaron infrutuosos.[6]

Combates editar

Mentres estas chegaban, Eduardo limitouse a realizar algunhas correrías fronteirizas.[5] En outubro por fin cruzaron a fronteira dez mil xinetes mongois das forzas que o ilkán tiña en Anatolia.[5] Esta hoste rodeou Aintab e derrotou ás tropas turcomás de Alepo, cuxa gornición fuxiu a Hama.[5] As forzas mongois continuaron avanzando cara a Apamea.[5]

Con todo, cando Baibars, que se achaba en Damasco, reuniu un grande exército, con reforzos vindos de Exipto, e marchou cara ao norte a enfrontarse aos invasores, estes, incapaces de facer fronte ás enormes forzas do sultán, repregáronse ao norte e cruzaron a fronteira do Éufrates.[7]

Mentres isto sucedía, Eduardo tratou de tallar a chaira de Sharon e conquistar a pequena fortaleza inimiga de Qaqun, que lle cortaba o camiño.[7] A cabalgada, escasa de forzas mesmo para esta pequena empresa, resultou un fracaso.[7]

Fin da cruzada editar

Finalmente, tras un ano de conflito, o príncipe Eduardo comprendeu que con tan exiguas forzas estaba a perder o tempo.[7] A cruzada acabou coa firma dunha tregua por dez anos e dez meses o 22 de maio de 1272 en Cesarea.[7] O pacto viuse favorecido pola actitude das partes: Eduardo estaba convencido da inutilidade de continuar no Levante sen reforzos; o sultán, de poder acabar cos restos dos Estados cruzados en canto desvanecésese a ameaza mongol; e o rei Carlos de Anjou, que serviu de mediador, da conveniencia de manter o Levante en mans cruzadas, pero sen reforzar demasiado ao seu posible rival futuro, o rei Hugo.[7] O armisticio debía protexer o reino, reducido á zona costeira entre Acre e Sidón, dos asaltos do sultán.[7] O outro territorio cruzado de terra firme, o condado de Trípoli, asinara xa un pacto similar en 1271.[7]

Porén, era coñecida por todos a intención de Eduardo de volver no futuro á fronte dunha cruzada maior e máis organizada, polo que Baibars tentou asasinalo mediante os hashshashin, un dos cales apuñalou ao príncipe cunha daga envelenada o 16 de xuño de 1272.[6] A ferida non resultou mortal, pero Eduardo estivo enfermo varios meses, ata que a súa saúde permitiulle partir de volta a Inglaterra o 22 de setembro de 1272.[6] Para entón o seu ancián pai falecera e Eduardo ocupou o seu posto.[6]

Notas editar

  1. Methodist Episcopal Church Missionary Society, Methodist Episcopal Church (1881). The Gospel in All Lands. Publicado polo propietario A.D.F. Randolph, pp. 262
  2. Runciman 1994, p. 271.
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 Runciman 1994, p. 279.
  4. Runciman 1994, pp. 279-280.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Runciman 1994, p. 280.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Runciman 1994, p. 282.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 7,7 Runciman 1994, p. 281.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Runciman, Steven, Historia de las Cruzadas. 3: El Reino de Acre y las Últimas Cruzadas. Madrid: Alianza Editorial, 1973.
  • Runciman, Steven (1994). A history of the Crusades, volume III : the kingdom of Acre and the later Crusades (en inglés). Folio Society. p. 448. OCLC 933889320.