Noite das fogueiras

A Bonfire Night ou Noite das Fogueiras é un evento dedicado á celebración con fogueiras e/ou fogos artificiais. Diferentes tradicións celebran a noite das fogueiras en diferentes días. En Gran Bretaña celébrase a noite de Guy Fawkes o 5 de novembro.[1] Outras versións da Bonfire Night tamén se celebran nesta data noutros países da Commonwealth.[2][3] Unha tradición similar das fogueiras celébrase en partes de Escandinavia e coñécese como a noite de Walpurgis.

A xente reúnese arredor dunha fogueira na noite de Guy Fawkes en Inglaterra
Unha fogueira de celebración de Noiteboa en Louisiana, Estados Unidos

Outra noite das fogueirasEditar

En practicamente toda Europa, en particular en zonas costeiras, celébrase outra festa das fogueiras na véspera de San Xoán.

ComidaEditar

Hai moitos alimentos que están asociados coa noite de fogueira. Toffee apples (Mazás de caramelo), treacle toffee (caramelo de melaza), black peas (chícharos negros) e parkin (bolo), e mesmo a jacket potato (pataca de chaqueta), cómense tradicionalmente na noite das fogueiras en partes de Inglaterra.[4][5] Ademais, algunhas familias comen sopas para se quentar nunha noite fría e brindan malvariscos ao lume.[6]

NotasEditar

  1. "is-it-anti-catholic-to-celebrate-guy-fawkes-night?". telegraph.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. )
  2. "Public asked to keep environment in mind on Guy Fawkes night". www.releases.gov.nl.ca. Consultado o 2022-03-27. 
  3. "Guy Fawkes In South Africa, Where Kids Dress Up and Teens Play Pranks". www.capetownmagazine.com (en inglés). Consultado o 2022-03-27. 
  4. Wilson, C. BBC, ed. "A Northern Bonfire Night treat". Consultado o 11 de marzo de 2015. 
  5. "Traditional Bonfire Night Food". Bonfire Night and Guy Fawkes Traditions (en inglés). Consultado o 7 de decembro de 2015. 
  6. "Bonfire Night 2019 en Londres - Datas e mapa". Rove.me. Consultado o 21 de decembro de 2019. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar