Un malvarisco ou marshmallow é un doce que se usa en varios tipos de alimentos e nalgunhas bebidas como o chocolate quente.

Marshmallows de cores.
Planta de malva de pantano, Althaea officinalis.

Receita editar

Na súa receita moderna máis habitual está feito de azucre ou xarope de millo, auga, xelatina, goma arábiga e ás veces clara de ovo batida, mestura que foi pre-amolecida en auga quente, dextrosa e aromas, batida até conseguir unha consistencia esponxosa. Os marshmallows comerciais son unha innovación de finais do século XIX. Desde que Alex Doumak patentou o proceso de extrusión en 1948, os marximelos foron extruídos como cilindros brandos, cortados en seccións e enrolados sobre unha fina mestura de amidón de millo e azucre glas.

A receita tradicional utilizaba un extracto da raíz mucilaxinosa da planta malvarisco[1], unha herba arbustiva (Althaea officinalis), en lugar da xelatina; o mucílago desempeñaba o papel de antitusivo.

En América é común quentar estes doces no lume.

Valor nutricional editar

O peso dunha soa porción de malvaviscos é duns 28 gramos (catro marshmallows grandes ou media cunca de mini marshmallows) [2]

Nomes editar

No dicionario da RAG o nome malvarisco aparece só na acepción botánica da Althaea officinalis (Planta herbácea da familia das malváceas, con talo ergueito, follas aveludadas e flores de cor rosa pálida, que medra en terreos húmidos).

Noutros dicionarios galegos ademais aparecen os termos malvavisco[3] e altea[4], porén, referidos tamén só á planta.

O doce é coñecido comunmente, ademais de malvarisco ou malvavisco como nube[5] ou esponxa; en portugués é coñecido como marximelo e en castelán de América Latina masmelo.

Notas editar

  1. "Dicionario; malvarisco". Real Academia Galega. Consultado o 27-3-2022. 
  2. "Is There Anything Healthy About a Marshmallow?". Verywell Fit (en inglés). Consultado o 2022-03-27. 
  3. "Dicionario de dicionarios; malvavisco". sli.uvigo.es. Consultado o 2022-03-27. 
  4. "Dicionario de dicionarios; altea". sli.uvigo.es. Consultado o 2022-03-27. 
  5. "Una bebida celestial, el licor de nubes". Gastronomía de Galicia (en castelán). 2020-06-07. Consultado o 2022-03-27.