No estás sola

filme de 2024 dirixido por Almudena Carracedo e Robert Bahar

No estás sola: la lucha contra La Manada é un filme documental español de 2024 dirixido por Almudena Carracedo e Robert Bahar. O filme trata sobre o caso de violencia sexual de La Manada que se produciu durante os Sanfermines de 2016, en Pamplona.[1] Foi producido por Lucernam Films e distribuíuse pola plataforma estadounidense Netflix.[2]

No estás sola
Ficha técnica
Título orixinalNo estás sola
DirectorAlmudena Carracedo
Robert Bahar
GuiónRobert Bahar
Almudena Carracedo
MúsicaJacobo Lieberman
EstudioLucernam Films
DistribuidoraNetflix
Estrea2024
Duración102 minutos
OrixeEspaña España
XéneroDocumental
Na rede
IMDB: tt31410930 Filmaffinity: 677526 Netlix: 81407092Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Producido en segredo ao longo de tres anos e medio, este documental recolle os acontecementos arredor da agresión sexual sufrida por unha rapaza que tivo lugar o 6 de xullo de 2016, durante as festas de San Fermín, por parte dun grupo de cinco homes que se facían chamar La Manada.[3][4] A través dunha narración das vítimas, con Natalia de Molina e Carolina Yuste poñendo as súas voces para protexer o seu anonimato, a longametraxe expón os erros do sistema xudicial, o papel dos medios de comunicación e a sociedade no seu tratamento sobre a violencia sexual.[5][6]

Produción editar

Almudena Carracedo e Robert Bahar, directores do documental El silencio de otros sobre as vítimas do franquismo, realizaron para No estás sola máis de sesenta horas de entrevistas, cincuenta horas de material visual orixinal e por volta de mil horas de arquivo.[7] Ademais, achéganse testemuños e análises de varios expertos policiais así como dalgunhas persoas protagonistas do caso pertencentes ao eido xudicial, como a fiscal Elena Sarasate, político, como o alcalde de Pamplona en 2016, Joseba Asiron, dos medios, como a xornalista Ana Requena, e feminista.[8]

O documental tamén abrangue a agresión en Pozoblanco, cometida por catro dos mesmos acusados, e o asasinato de Nagore Laffage en 2008, o que permite ver unha evolución sobre a percepción dos diferentes casos na sociedade española. Ademais, amósase como o movemento feminista se organizou para apoiar a vítima empregando os lemas “Hermana, yo sí te creo”, “No es abuso, es violación” e “No estás sola”, e facilitando que este caso se convertese no catalizador do primeiro movemento #MeToo español usando nas redes sociais o cancelo #Cuéntalo. Estas manifestacións en diversos lugares de España e de varios países de América Latina, remataron cunhas movilizacións feministas masivas en 2018 e nunha mudanza de lexislación que poñía o foco no consentimento sexual pasando da idea de “Non é non” a “Só si é si”, articulada na Lei Orgánica de Garantía Integral da Liberdade Sexual de 2022 impulsada polo Ministerio de Igualdade.[5]

Estrea editar

Antes da súa estrea en Netflix o 1 de marzo de 2024,[9][10] organizáronse proxeccións en salas de cinema en diferentes cidades de España. Algunhas destas proxeccións contaron coa participación dos seus directores Almudena Carracedo e Robert Bahar, como na Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España (AACCE), onde tamén asistiron diferentes representantes do Goberno de España.[11]

Notas editar

  1. "No estás sola: La lucha contra La Manada (2024". Consultado o 2024-03-01. 
  2. Cinemanía (2024-03-01). "Dónde y cuándo ver el documental 'No estás sola: La lucha contra La Manada' en streaming". Cinemanía. Consultado o 2024-03-02. 
  3. "'No Estás Sola: La Lucha contra La Manada' llega a Netflix el 1 de marzo". MARCA. 2024-02-20. Consultado o 2024-03-01. 
  4. Zurro, Javier (2024-02-29). "‘No estás sola: la lucha contra la manada’ muestra “el circo” mediático ante el caso que inició el “yo sí te creo”". elDiario.es. Consultado o 2024-03-01. 
  5. 5,0 5,1 Franco, Gonzalo (2024-03-01). "Netflix estrena 'No estás sola: La lucha contra La Manada', documental sobre el momento que cambió España". Hipertextual. Consultado o 2024-03-02. 
  6. CCMA. "El matí de Catalunya Ràdio - "No estás sola: la lucha contra la manada", un exercici periodístic de més de 3 anys - 3Cat". CCMA (en catalán). Consultado o 2024-03-02. 
  7. "«No estás sola», el documental: lo que no se contó del caso de la Manada". La Voz de Galicia. 2024-03-01. Consultado o 2024-03-02. 
  8. Salvador, Anabel Gómez (2024-03-01). ""Lo peor no fue la situación vivida sino todo lo que vino después": Netflix estrena el documental 'No estás sola. La lucha contra la manada'". cadena SER. Consultado o 2024-03-02. 
  9. Cinemanía (2024-03-01). "Dónde y cuándo ver el documental 'No estás sola: La lucha contra La Manada' en streaming". Cinemanía. Consultado o 2024-03-02. 
  10. Fernández, Silvia (2024-03-01). "Ya puedes ver 'No estás sola: La lucha contra La Manada', que llega a Netflix junto a 13 novedades más". Andro4all. Consultado o 2024-03-02. 
  11. "No estás sola". Academia de cine. Consultado o 2024-03-01. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar