Asasinato de Nagore Laffage

O asasinato de Nagore Laffage foi o homicidio dunha moza de Irún a mans de Diego Yllanes durante os Sanfermines e que causou gran repercusión nos medios de comunicación e unha intensa reacción social.

Lembranza de Nagore en Pamplona

Feitos

editar

Nagore Laffage, naceu en Irún en 1988. Estudou enfermaría en Pamplona, onde coñeceu a José Diego Yllanes Vizcay, un médico de 27 anos que facía o MIR de psiquiatría na Clínica Universitaria de Pamplona (Universidade de Navarra). Coincidiron na noite do luns 7 de xullo de 2008 nas festas de San Fermín. Após conversar un pouco, Nagore despediuse dos amigos e acompañou a José Diego á súa casa. Alí tentou violala e cando ela se resistiu, deulle unha brutal malleira. A autopsia revelou que o corpo presentaba 36 golpes, a mandíbula rota e o cranio fracturado; Nagore morreu, finalmente, estrangulada.[1]

O homicida confeso telefonou un amigo o 8 de xullo, pedindo axuda para desfacerse do cadáver, que tentou desmembrar. Xusto esa persoa puxo os feitos en coñecemento da Policía.[2] Yllanes recolleu as súas pertenzas, limpou o piso e deixou o cadáver en Orondritz, a 45 minutos da escena do crime.[3]

Xuízo

editar

O xurado popular considerou probada a culpabilidade pero non a categoría de asasinato (6 membros considerárono asasinato e 3 homicidio, mais precisábanse 7). Foi condenado a doce anos e medio de prisión.[4] O 3 de xullo de 2017, pouco antes do noveno aniversario da morte de Nagore, Yllanes conseguiu que lle concedesen o terceiro grao de prisión, volvendo só a prisión para durmir. Traballa como psiquiatra nun centro privado e desde 2020 pode exercer na sanidade pública.[5][6]

En marzo de 2024, a Audiencia Nacional desestimou o recurso presentado por José Diego Yllanes Vizcay, no que invocaba o seu dereito ao esquecemento e solicitaba a Google que retirase a nova relacionada cos feitos polos que foi condenado. A Sala considera que a liberdade de expresión e de información prima sobre o dereito ao esquecemento.[7][8]

Impacto social

editar
 
Asun Casasola, nai de Nagore.

O asasinato de Nagore e o papel público da súa nai Asun Casasola fortaleceron a conciencia social de tolerancia cero, non só cos delitos, senón tamén contra calquera violencia machista.[9] Nagore Laffage converteuse nun símbolo desta loita social e denuncia, tamén no que se refire á xustiza española.[10] En 2011 Helena Taberna dirixiu un documental sobre o caso, titulado Nagore, coa participación de Asun Casasola que constitúe o fío condutor da historia. Esta produción foi nomeada a 5 premios Goya.[11]

  1. ""En sanfermines de 2008 intentaron violar a mi hija y ella se resistió... Acabó asesinada"" (en castelán). 3 de diciembre de 2017. Consultado o 13 de enero de 2020. 
  2. País, Ediciones El (13 de julio de 2008). ""He hecho algo muy malo. Tengo a una chica muerta"". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 13 de enero de 2020. 
  3. "«No pasa un día sin que me acuerde de Nagore»" (en castelán). 7 de julio de 2018. Consultado o 13 de enero de 2020. 
  4. "Sentencia Nagore Laffage: Yllanes, 12 años de cárcel por homicidio". 2 de marzo de 2010. Consultado o 2024-03-21. 
  5. "El asesino de Nagore Laffage en los sanfermines de 2008 ya está en libertad condicional" (en castelán). 23 de marzo de 2018. Consultado o 13 de enero de 2020. 
  6. EFE, Arantza Alegría (7 de julio de 2018). "Asun Casasola: "Hoy es un día duro y lo paso muy mal"" (en éuscaro). Consultado o 13 de enero de 2020. 
  7. Conde, Enrique (2024-03-20). "La AN rechaza que Yllanes tenga derecho a que se borren las noticias por haber matado a Nagore Laffage en los Sanfermines de 2008" (en castelán). Consultado o 2024-03-20. 
  8. Otazu, Amaia (2024-03-20). "La Audiencia Nacional niega el derecho al olvido al hombre que mató a Nagore Laffage en los Sanfermines de 2008". El País (en castelán). Consultado o 2024-07-07. 
  9. "Asun Casasola e Irún recuerdan a Nagore Laffage en el décimo aniversario de su asesinato" (en castelán). 8 de julio de 2018. Consultado o 13 de enero de 2020. 
  10. "La madre de Nagore carga contra la Justicia: «Tenía derecho a saber que el asesino de mi hija está en la calle»" (en castelán). 23 de marzo de 2018. Consultado o 13 de enero de 2020. 
  11. "Nagore » Premios Goya 2020". Consultado o 13 de enero de 2020. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar