Ana Orantes Ruiz, nada en Granada o 6 de febreiro de 1937 e finada en Cúllar Vega o 17 de decembro de 1997, foi unha muller española vítima de violencia de xénero, que explicou nunha entrevista na televisión a violencia á que fora sometida por parte do seu exmarido. Poucos días despois do testemuño na televisión, foi asasinada pola súa exparella,[1] feito que xerou un grande impacto e visibilidade da violencia de xénero na sociedade española, e como resultado, a remodelación do Código Penal.[2]

Infotaula de personaAna Orantes
Biografía
Nacemento(es) Ana Orantes Ruiz Editar o valor em Wikidata
6 de febreiro de 1937 Editar o valor em Wikidata
Granada, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de decembro de 1997 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Sevilla, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCementerio de San José Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
homicidio Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2483152 Editar o valor em Wikidata

Ana foi a vítima mortal de violencia de xénero número 59 de 1997 en España.[3]

Recoñecemento editar

No concello de Cúllar Vega foi erixido un monumento en forma dun monólito en memoria de Ana Orantes e Encarnación Rubio, ambas as dúas vítimas mortais da violencia de xénero. Cada ano, o día 25 de novembro, celébrase ao lado deste monólito o acto institucional municipal do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, coa lectura do manifesto aprobado no pleno do concello, e a intervención de asociacións e os distintos sectores da comunidade educativa de Cúllar Vega.[4][5]

A xornalista e feminista Nuria Varela publicou en 2012 un libro titulado La voz ignorada. Ana Orantes y el fin de la impunidad co desexo de "render homenaxe a unha muller que perdeu a súa vida pola verdade e que, grazas á súa bravura, conseguiu axitar a conciencia dun país, cambiar as súas leis, romper o silencio e entrar no debate público e a axenda política, o que até entón era unha cuestión limitada á esfera privada".[6]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar