Nuria Varela (xornalista)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
Nuria Varela, nada en Turón (Mieres) en 1967, é unha xornalista e escritora asturiana.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1967 (56/57 anos) Turón, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid Universidade Rei Xoán Carlos |
Actividade | |
Ocupación | escritora, xornalista |
Traxectoria
editarLicenciouse en Ciencias de la Información na Universidade Complutense de Madrid. Conta con grande experiencia en conflitos bélicos, dando un punto de vista desde o activismo feminista. Cubriu para o semanario Panorama o golpe de estado soviético de 1991 e mais a guerra de Bosnia, o sitio de Saraxevo e a situación dos campos de refuxiados croatas durante as guerras iugoslavas. En 1993 pasou a traballar para Interviú, facendo reportaxes sobre os campos de refuxiados afgáns en Paquistán, os campamentos de refuxiados saharauís e sobre a matanza de Acteal en Chiapas. Foi correspondente de guerra en Chechenia, estivo cos ex-guerrilleiros no Salvador e coas brigadas de Nicaragua, amais de observadora dos campamentos civís pola paz en Chiapas e Libia.
En 2003 publicou o seu primeiro libro, Íbamos a ser reinas. Nel analiza a enorme problemática da violencia de xénero sufrida polas mulleres non só por parte das súas parellas, senón tamén por parte do sistema xudicial, político, social e mesmo polas súas propias compañeiras e familias, por mor do fundamento patriarcal da maior parte das sociedades contemporáneas, en concreto a occidental.
En 2005 presentou o seu segundo libro, Feminismo para principiantes, no que pretendeu facer un repaso "da historia dos tres séculos da historia do feminismo e a súa chegada a España".[1] No 2018 levou a cabo unha revisión do libro e se lle engadiron as ilustracións realizadas por Antonia Santolaya.[2]
Obra
editar- 2003: Íbamos a ser reinas
- 2005: Feminismo para principiantes
- 2008: Martín y la pirata Candela
- 2012: La voz ignorada. Ana Orantes y el fin de la impunidad
- 2016: Cansadas. Una reacción feminista frente a la nueva misoginia
- 2018: Feminismo para principantes (versión Ilustrada)
Notas
editar- ↑ Tarragó Bosch, Alba (24-02-2018). "Nuria Varela: "La formación que recibimos estafa porque oculta a las mujeres"". lavanguardia.com. Consultado o 09-03-2019.
- ↑ "Nuria Varela presenta 'Feminismo para Principiantes', historia ilustrada "para no olvidar siglos de lucha"". europapress.es. 25-02-2018. Consultado o 09-03-2019.