Caso de La Manada

caso de violencia sexual ocorrido en Pamplona, España

O caso de La Manada é o nome polo que se coñece aos sucesos relacionados cun caso de violación grupal ocorrido en Pamplona (Navarra), na mañá do 7 de xullo de 2016, durante as festas de San Fermín. Un grupo de cinco homes violou unha moza de dezaoito anos nun portal no centro da capital navarra, que á súa vez foron denunciados pola vítima.[1][2]

Manifestación en Málaga pola sentenza do caso La Manada.

O caso, que se considerou en dous tribunais de Navarra, a Audiencia Provincial e o Tribunal Superior de Navarra, como un abuso sexual, tivo unha importante cobertura nos medios e nas redes sociais.[3] Tamén mobilizou a gran parte da poboación española que se manifestou en desacordo con devanditas sentenzas. O caso foi finalmente revisado e sentenciado polo Tribunal Supremo, que o considerou unha violación.

Os condenados foron: José Ángel Prenda Martínez, Alfonso Jesús Cabezuelo Entrena (militar), Antonio Manuel Guerrero Escudero (garda civil), Jesús Escudero Domínguez e Ángel Boza Florido.[4]

Notas editar

  1. País, El (22 de xuño de 2018). "Caso La Manada: manifestaciones tras la puesta en libertad, últimas noticias en directo". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2018. 
  2. "Editorial | Polémica sentencia". El País (en castelán). 27 de abril de 2018. ISSN 1134-6582. Consultado o 22 de xuño de 2018. 
  3. Abril Camino (16 de novembro de 2017). "Las redes sociales sobre «la manada»: así reacciona el feminismo en las redes". Trendencias. Consultado o 28 de abril de 2018. 
  4. P. Ojer (26 de abril de 2018). "Sentencia de «La Manada»: Condenados los cinco acusados a 9 años de prisión por abuso sexual". ABC. Consultado o 27 de abril de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar