Violación en grupo

A violación en grupo ocorre cando un grupo de persoas participan na violación dunha soa vítima. A violación inclúe polo menos dous ou máis violadores (sendo o número máis común tres)[1] e é un crime que ocorre en todo o mundo.

Ilustración xaponesa, c.1830, amosando unha violación en grupo.

Os culpables e as vítimas das violacións en grupo adoitan ser máis novos que os dunha violación dun só individuo, e teñen maiores posibilidades de ser persoas desempregadas. Ademais, o alcohol e as drogas son máis comúns, así como os ataques de noite.[2] As violacións en grupo adoitan ser máis violentas e ter unha maior resistencia por parte da vítima que as dun ataque individual, polo que son máis comúns as tendencias de suicidio e a busca de psicoterapia.[3]

A violación en grupo é chamada ás veces como "violación colectiva" ou "violación con múltiples perpetradores" na literatura dos estudos.[4]

Notas editar

  1. Neumann, Stephani. Gang Rape: Examining Peer Support and Alcohol in Fraternities. Sex Crimes and Paraphilia. Hickey, Eric W., 397-407
  2. Ullman, S. E. (1999). "A Comparison of Gang and Individual Rape Incidents". Violence and Victims 14 (2): 123–133. PMID 10418766. Consultado o 21 de maio de 2008. 
  3. Gidycz, C. A.; Koss, M. P. (1990). "A Comparison Of Group And Individual Sexual Assault Victims". Psychology of Women Quarterly 14 (3): 325–342. doi:10.1111/j.1471-6402.1990.tb00023.x. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 18 de novembro de 2016. 
  4. Ullman, S. E. (2013). 11 Multiple perpetrator rape victimization. Handbook on the Study of Multiple Perpetrator Rape: A Multidisciplinary Response to an International Problem, Miranda A.H Horvath, Jessica Woodhams (Editors), 4, Chapter 11; ISBN 978-0415500449

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar