Joseba Asiron

político español

Joseba Asiron Saez[1], nado en Pamplona o 14 de abril de 1962, é un historiador, profesor de ikastola e político navarro, alcalde de Pamplona pola coalición Euskal Herria Bildu desde decembro de 2023, cargo que xa ocupou entre o 13 de xuño de 2015 ata o 15 de xuño de 2019.

Infotaula de personaJoseba Asiron

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de abril de 1962 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Pamplona, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Pamplona
28 de decembro de 2023 –
← Cristina Ibarrola (pt) Traducir
Alcalde de Pamplona
13 de xuño de 2015 – 15 de xuño de 2019
← Enrique MayaEnrique Maya → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Navarra - historia da arte
Universidade de Zaragoza - historia da arte Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Pamplona Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , historiador da arte , mestre Editar o valor em Wikidata
EmpregadorSan Fermin Ikastola (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEuskal Herria Bildu Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua éuscara Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Pamplona o 14 de abril de 1962, enriba da famosa Churrería da Mañueta. É licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Zaragoza (1989) e doutor nesta materia pola Universidade de Navarra (2009) cunha tese sobre as torres de liñaxe, casas forte e pazos de cabo de armaría na Navarra medieval. É, ademais, profesor da ikastola San Fermín, na localidade de Zizur Menor, desde 1991. Está casado e é pai dunha filla e un fillo.

Presentouse como cabeza de lista de Euskal Herria Bildu á alcaldía de Pamplona nas eleccións municipais de 2015, nas cales a súa formación resultou a segunda forza máis votada tras UPN, que optaba á reelección de alcalde con Enrique Maya. Un pacto de investidura cuatripartito entre Geroa Bai, Aranzadi - Iruñea Denon Artean - Pamplona En Común (marca de Podemos) e Izquierda-Ezkerra (marca de IU)[2] outorgoulle o bastón de mando municipal na constitución do Concello o 13 de xuño de 2015, nunha votación na que Asirón obtivo 14 votos, Enrique Maya logrou 10 apoios, mentres que a socialista Maite Esporrín logrou 3 apoios.[3] Converteuse así no primeiro alcalde da esquerda abertzale na capital de Navarra, tras arrebatar a alcaldía a Unión del Pueblo Navarro (UPN) que gobernaba a cidade desde 1999, con Yolanda Barcina, primeiro, e Enrique Maya, despois.

Tras a súa investidura como novo alcalde, en declaracións aos medios, fixo alusión ao Privilexio da Unión (1423) que unificou os tres burgos de Pamplona no século XV, desexando que o seu mandato permitise "superar os fosos e as murallas que nos separaron".[4] Finalmente, concluíu recordando a frase que, en latín, aparece no lintel interior da porta 11 de acceso ao Concello de Pamplona: "A porta está aberta para todos, pero sobre todo o corazón" ("Patet omnibus jauna, cor valde magis").

Notas editar

  1. "Zinegotziak | Iruñeko Udala". www.pamplona.es. Consultado o 2021-08-29. 
  2. "EH Bildu, Geroa Bai, Aranzadi e I-E cierran el acuerdo para que Asiron sea el nuevo alcalde de Pamplona". Diario de Noticias. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 11 de xuño de 2015. 
  3. Naiz (ed.). "El abertzale Joseba Asiron, proclamado alcalde de Iruñea por mayoría absoluta". Consultado o 13 de xuño de 2015. 
  4. "Joseba Asirón (EH Bildu), elegido nuevo alcalde de Pamplona en el pleno celebrado esta mañana en el Ayuntamiento". Ayuntamiento de Pamplona. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2015. Consultado o 13 de xuño de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Enrique Maya
 
Alcalde de Pamplona

13 de xuño de 2015 - 15 de xuño de 2019
Sucesor:
Enrique Maya