Abrir o menú principal

Násir al-Din al-Tusí

(Redirixido desde "Nasir ad-Din at-Tusi")

Abu Jafar Muhammad Ibn Muhammad Ibn al-Hasan Násir al-Din al-Tusí, coñecido como Násir al-Din al-Tusí (escrito tamén como Nasir al-Dib al-Tusi e Nadir ad-Din at-Tusi) foi un filósofo, matemático, astrónomo, teólogo e médico persa, nacido en Tus, Khorasán (daquela Persia e na actualidade Irán) en 1201, e falecido en Khadimanin, preto de Bagdad, en 1274.

Násir al-Din al-Tusí
Nasir al-Din Tusi.jpg
Nacemento1201, 18 de febreiro de 1201 e 17 de febreiro de 1201
 Tus
Falecemento1274, 1273, 26 de xuño de 1274 e 25 de xuño de 1274
 Kadhimiya
SoterradoAl-Kadhimiya Mosque, Bagdad e Iraq
NacionalidadeNizari Ismaili state
RelixiónXiísmo
Ocupaciónastrónomo, matemático, filósofo, científico, astrólogo, polímata, arquitecto, médico, teólogo, Marja e escritor
Coñecido/a porZij-i Ilkhani, Akhlaq-i Nasiri, Sharh al-isharat e Tajrīd al-iʿtiqād
editar datos en Wikidata ]

Cando os exércitos mongois de Genghis Khan arrasaban Persia, al-Tusí fuxiu para reunirse cos ismailitas. As súas contribucións científicas máis importantes datan destes anos, mentres fuxía dunha fortaleza a outra. Finalmente entregouse ás tropas de Hulagu (un dos fillos de Genghis Khan) despois da invasión do castelo de Alamut poles forzas mongolas.

Escritor polifacético e moi prolífico, o seu nome está inmortalizado coa denominación dun cráter de 60 km de diámetro na Lúa.

Foi quizais o primeiro matemático medieval en tratar a trigonometría como unha disciplina ou rama separada do tronco das matemáticas, e así se desprende no seu Tratado sobre os cuadriláteros. Foi o primeiro en enumerar a lista dos seis casos distintos de ángulo recto nun triángulo esférico (trigonometría esférica). Os seus traballos en trigonometría levárono a ser o primeiro astrónomo oriental en ter unha visión clara da trigonometría plana e esférica.

Tusí elaborou táboas moi precisas sobre os movementos planetarios plasmándoos no seu libro Zij-i ilkhani (As táboas ilkhánicas). Estes libros contiñan posicións en formato tabular coas posicións dos planetas e o nome das estrelas. El sistema planetario proposto por el foi o máis avanzado da época e foi usado amplamente até a chegada do modelo heliocéntrico en tempos de Copérnico. Entre a época de Tolomeo e a de Copérnico considerouse a al-Tusí como o científico máis eminente no campo da observación astronómica.

Inventou unha técnica xeométrica denominada parella de Tusí que axuda á solución cinemática do movemento lineal como suma de dous movementos circulares. Al-Tusí calculou o valor de 51' para a precesión dos equinocios e fixo enormes achegas á construción e uso dalgúns instrumentos astronómicos, incluíndo os astrolabios e os cuadrantes solares.

O famoso observatorio astronómico de Maragué (ao norte de Irán) construíuse para que este científico desenvolvera o seu traballo.

Véxase taménEditar