Nintendo DS

(Redirección desde «NDS»)

A Nintendo DS (en xaponés: ニンテンドーDS, Nintendō Dī Esu) é unha videoconsola portátil que foi fabricada pola compañía xaponesa Nintendo dende 2004 até 2011.

Logotipo da Nintendo DS.
Unha Nintendo DS aberta.
Unha Nintendo DS pechada.

O nome da consola pode ser a abreviatura de Dual Screen, «pantalla dual» ou, segundo Satoru Iwata, presidente de Nintendo, a abreviatura de Developer's System, «a consola dos desenvolvedores». O nome desta consola abréviase como "NDS" ou simplemente como "DS".

A DS permite a reprodución de videoxogos e multimedia, e pertence á sétima xeración de videoconsolas. Foi a terceira consola para videoxogos na que o xogador pode interactuar co xogo mediante o uso da pantalla táctil. Segundo Nintendo, é unha terceira liña de produtos e non se trata da sucesora tecnolóxica da Game Boy Advance.[Cómpre referencia]

Esta consola naceu da filosofía de Nintendo baseada na innovación ou, como a propia compañía o chama, "expansión". Lonxe de centrarse nunha simple evolución gráfica, en ofrecer unha vez máis o mesmo de sempre pero con mellor calidade visual, optaron por engadir características que fixesen da súa nova portátil algo totalmente novo e único, que expandise a experiencia xogable e que permitise que o xogador deixase de xogar só cos sentidos, a vista e o oído, e que puidese interactuar e sentir os xogos.

A Nintendo DS ademais do seu propio catálogo de xogos é compatible cos xogos de Game Boy Advance, pero non cos de Game Boy e Game Boy Color. A pantalla superior da Nintendo DS reproduce xogos da DS namentres que a inferior reproduce xogos da Game Boy Advance.

A Nintendo DS Lite constitúe a segunda versión do modelo. A terceira versión é a Nintendo DSi e desta DSi saíu ó mercado unha cuarta e última versión, a Nintendo DSi XL.

Firmware

editar

A Nintendo DS ten o seu propio sistema de arrinque firmware. Ao acender a consola, unha advertencia de saúde e seguranza amósase en primeiro lugar, ao ser tocado o aviso, cárgase o menú principal, semellante ao da consola Wii. O menú principal presenta ao xogador sete opcións: xogar a un xogo da DS, o uso do PictoChat, iniciar a descarga DS, xogar a un xogo de Game Boy Advance, cambiar o brillo da pantalla, activar a alarma e acceder á configuración da consola.

O firmware tamén ofrece un reloxo de alarma, varias opcións de personalización (como prioridade para o arrinque, cando se insiren os xogos de Game Boy Advance e pantalla de preferencia) e a capacidade para introducir a información do usuario e as preferencias (como o nome, data de nacemento, cor favorita etc) que poden ser utilizados nos xogos.

Homebrew

editar
Artigo principal: Homebrew.

Dende a aparición da consola, a autodenominada "scene", fai usos non autorizados das tarxetas R4, dende emular consolas de videoxogos antigas: Game Boy, SNES, ou mesmo NeoGeo ou MSX, a usar aplicacións para poder reproducir películas ou ficheiros de son en MP3 e Midi na Nintendo DS, pasando polos propios xogos hackeados de DS; isto provocou que a compañía Nintendo teña que atopar e denunciar aos distribuidores destes cartuchos.[1]

Lanzamento ao mercado

editar

A consola foi presentada o 11 de maio de 2004 no Electronic Entertainment Expo (E3) dos Ánxeles.

Vendas

editar

A Nintendo DS foi a videoconsola portátil máis vendida en todo o mundo nos primeiros anos do seu lanzamento (con máis de 14 millóns de sistemas vendidos, fronte ós 8 millóns vendidos pola súa competencia, a PSP) e tamén a que máis rápido conseguiu superar o millón de unidades en vendas da historia dos videoxogos.

En total vendéronse 154,02 millóns de consolas (a DS orixinal e as súas outras versións).[2] A DS foi a 2º consola máis vendida de toda a historia, sendo superada lixeiramente pola PlayStation 2, ademais de ser a consola máis vendida de toda a historia de Nintendo.[3]

Catálogo de xogos

editar

A Nintendo DS tiña en abril de 2006 máis de 168 xogos dispoñíbeis en América, cun total de 6526 xogos a nivel mundial, contando os xogos repetidos por idioma, país ou rexión e as demos técnicas e sen contar as entregas homebrew e os xogos traducidos polos fans. Actualmente é a videoconsola con máis proxectos en desenvolvemento do mercado e o sistema portátil que ten un maior e máis variado catálogo de xogos. A biblioteca de Nintendo DS conta con xogos de todos os xéneros: dende carreiras, acción, estratexia, loita, RPG, plataformas, simuladores, deportes, cartas Yu-Gi-Oh!, até outros que poucas ou ningunha vez foron explotados como as mascotas virtuais (Nintendogs), xogos de intelixencia (Brain Training), xogos baseados en medicamentos (Trauma Center) e aplicacións como dicionarios, tradutores ou axendas. Todos eles fan uso, en maior ou menor medida, da pantalla táctil, o micrófono con recoñecemento de voz, a conexión Wi-Fi de Nintendo, os modos multixogador e todas as características de Nintendo DS. A DS ten tamén unha liña de xogos exclusivos, chamados os Touch! Generations, enfocados a persoas que non son asiduas ao mundo dos videoxogos.

Moitos son xogos de sagas clásicas propias de Nintendo como Animal Crossing, The Legend of Zelda, Mario, Metroid, Star Fox, ou Pokémon. Entre eles destaca o remake de Super Mario 64.

Os 10 xogos máis vendidos

editar

Revisións

editar

Nintendo DS Lite

editar
Artigo principal: Nintendo DS Lite.
 
Nintendo DS Lite.

A Nintendo DS Lite é unha consola portátil que foi fabricada por Nintendo a partir de 2006, que foi desenvolvida para suceder á Nintendo DS. As únicas novidades foron a estética, moito máis estilizada e puída e a posibilidade de elixir entre catro niveis de brillo.[6]

Nintendo DSi

editar
Artigo principal: Nintendo DSi.
 
Nintendo DSi branca.

Nintendo iniciou o desenvolvemento da Nintendo DSi a inicios de 2006 e esta foi revelada durante a conferencia de Nintendo en Toquio o 2 de outubro de 2008 despois do éxito da Nintendo DS Lite. A meta de Nintendo era estreitar a distancia entre os usuarios por consola nos fogares.

Conta con varias luces led que indican varios estados da consola; led azul (aceso), led laranxa (carga da batería), led vermella (batería a 1/4 de carga) e led amarela (conexión inalámbrica). Namentres que o deseño é similar ao da consola DS Lite, esta inclúe dúas cámaras interactivas (de 0,3 megapíxeles) que poden ser utilizadas durante os videoxogos ou simplemente para tomar fotografías. Inclúe interface ao estilo Wii de Nintendo, rañura de tarxeta SDHC, navegador de Internet, conexión á tenda Nintendo DSi e, aínda que xa non se poida, tiña a posibilidade de subir fotos a Facebook directamente dende a consola.

Nintendo DSi XL

editar
Artigo principal: Nintendo DSi XL.
 
Nintendo DSi XL.

Nintendo sacou un modelo adicional da DSi: A DSi XL (DSi LL no Xapón). Foi anunciada oficialmente pola compañía, saíndo á venda no Xapón o 21 de novembro de 2009 por 20.000 iens, mentres que o modelo DSi custaba 18.900 iens.

No seu segundo día dispoñíbel no Xapón, superou as 103.000 unidades vendidas. A súa principal novidade é o maior tamaño de cada pantalla, 4'2 fronte ás 3'25 polgadas da DSi e as 3 polgadas da DS Lite, sendo tamén considerabelmente maiores as dimensións da consola. Ademais vén con dous estilos, un normal e outro máis grande e groso; e con tres títulos de DSiWare preinstalados: Dicionario 6 en 1, Unha pausa con... Brain Training do Dr. Kawashima: Letras e Nintendo DSi Browser. Este modelo non é sucesor da Nintendo DSi, senón un modelo adicional (é dicir, o comprador tiña dous "talles" a elixir), e ía destinado ás persoas que teñen menos capacidade visual ou problemas para agarrar a consola. De aí as súas cores máis sobrias, un lapis máis cómodo e unha maior pantalla para facilitar o visualizado. Saíu á venda en España o 5 de marzo de 2010.

Accesorios para Nintendo DS

editar

Receptor de televisión

editar
 
Receptor de TDT funcionando nunha NDS.

Este accesorio conéctase directamente na rañura da tarxeta de xogos de Nintendo DS e serve para ver televisión dixital terrestre, a través do servizo 1seg. Para utilizalo, unha vez inserido na consola, débense expandir as antenas que trae, e o control faise mediante a pantalla inferior táctil, namentres que a imaxe vese na pantalla superior. Como o accesorio só saíu á venda no Xapón, non é compatíbel cos formatos de TDT norteamericanos ou europeos, pero si cos da maioría dos países suramericanos que adoptaron a norma de televisión dixital terrestre xaponesa.[7]

Rumble Pak

editar
 
Un Rumble Pak.

O Rumble Pak é un accesorio que ten a forma dun xogo de Game Boy Advance, e conéctase pola rañura adicada a estes xogos na Nintendo DS. A súa función é vibrar cos xogos compatíbeis, como: Metroid Prime Pinball, Mario & Luigi: Partners in Time, Star Fox Command, Metroid Prime Hunters, Iron Man, Super Princess Peach e Diddy Kong Racing DS. En maio de 2006 saíu á venda no Xapón unha versión máis reducida do Rumble Pak, feito especialmente para a consola Nintendo DS Lite, que é 1 cm máis curta o que impide que sobresaia da consola, como o fan os xogos da Game Boy Advance. Este accesorio non é compatíbel coas consolas Nintendo DSi, Nintendo DSi XL e Nintendo 3DS, xa que estas últimas non posúen a rañura para os xogos de Game Boy Advance.[8]

Activity Meter

editar

O Activity Meter (Medidor de actividade) é un podómetro infravermello. Conéctase á consola a través dun cartucho capaz de ler sinais infravermellos na rañura para xogos de Nintendo DS, o que tamén lle permite funcionar na Nintendo DSi. Pódese pór na roupa ou colar dun can, pero a diferenza doutros podómetros este non ten pantalla, polo que é necesario conectalo á consola para saber canto camiñou alguén. Rexistra até sete días de actividade iñantes de necesitar ser conectado á consola. Funciona co xogo Personal Trainer: Walking cuxo cartucho ten un receptor infravermello incorporado.[9]

editar

O conector Wi-Fi Link Nintendo DS é un adaptador USB lanzado en 2005. Consiste nun dispositivo USB que se conecta a un computador con Windows convertendo o equipo nun punto de acceso Wi-Fi onde pode conectarse a Nintendo DS.[10]

Especificacións técnicas

editar
Peso 275 g (9.7 oz)
Tamaño Cando está pechada (ancho x alto x profundidade): 148,7 mm (5,85 polgadas) x 84,7 mm (3,33 polgadas) x 28,9 mm (1,14 polgadas)
Pantalla Dúas pantallas LCD TFT:

62 mm × 46 mm (2,4 polg. × 1,8 polg.), 77 mm (3,0 polg.) en diagonal, distancia de puntos de 0,24 mm, profundidade de 18 bits (262 144 cores), espazo de 21 mm entre pantallas (≈92 liñas)

Resolución 256 × 192 píxeles (4:3 relación de aspecto) para cada pantalla
Son Estéreo con 16 canles PCM/ADPCM, facilitado pola Mitsumi MM3205B
CPU Dous procesadores ARM:
  • CPU principal ARM946E-S de 32 bits; Velocidade de reloxo de 67 MHz. Procesa mecanismos de xogo e reprodución de vídeo.
  • Coprocesador ARM7TDMI de 32 bits; Velocidade de reloxo de 33 MHz. Procesa a saída de son, admite Wi-Fi e asume funcións de segundo procesador no modo Game Boy Advance
 
RAM PSRAM de 4 MB (ampliábel a través da rañura de Game Boy Advance, só utilizada oficialmente polo navegador de Nintendo DS)
Entrada
  • Botón de aceso
  • Control deslizante de volume
  • Oito botóns (A, B, X, Y, L, R, Start, Select)
  • D-pad
  • Pantalla táctil resistiva (só lower screen)
  • Micrófono
Voltaxe 1.65 v  
Batería Batería recargábel de ións de litio de 850 mAh. Dura entre 5 e 10 horas dependendo do uso.  
Almacenamento 256 kB de memoria flash
Conectividade Conexión de rede inalámbrica 802.11b integrada (só compatíbel con encriptación WEP)
  1. Romero, Pablo (23 de agosto de 2010). "Nintendo pide hasta 23 años de prisión por vender 'cartuchos' para la DS". El Mundo. Consultado o 21 de xullo de 2024. 
  2. www.vgchartz.com
  3. "Las 21 consolas más vendidas de la historia". Vandal.elespanol.com. 7 de febreiro de 2023. Consultado o 2024-07-21. 
  4. "Estos son los juegos más vendidos de Nintendo en Switch y sus últimas consolas". Vandal (en castelán). 2020-05-10. Consultado o 2024-07-20. 
  5. "Los videojuegos más vendidos de Nintendo para sus últimas consolas". Marca (en castelán). 2018-07-31. Consultado o 2024-07-20. 
  6. "La historia de Nintendo desde sus orígenes hasta hoy". Areajugones.sport.es (en castelán). 2020-08-02. Consultado o 2024-07-21. 
  7. "Sintonizadora de TV para Nintendo DS". Vidaextra.com. 26 de octubre de 2007. Consultado o 2024-07-21. 
  8. "Practica tu ritmo musical en la DS". Elmundo.es. 29 de agosto de 2007. Consultado o 2024-07-21. 
  9. "Review de Personal Trainer: Walking". IGN.com (en inglés). 26 de maio de 2009. Consultado o 2024-07-22. 
  10. "Nintendo DS WiFI: adaptador en funcionamiento y más". Vidaextra.com. 7 de novembro de 2005. Consultado o 2024-07-22. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar