Nóvgorod-Siversky
Novhorod-Siverskyi ou Novhorod-Siverskyi, (en ucraíno: Новгород-Сіверський, en ruso: Новгород-Северский, en polaco: Nowogród Siewierski) é unha cidade de Ucraína, situada no Óblast de Chernihiv, ocupado por tropas rusas entre febreiro e maio de 2022.[1] O Día da Cidade celébrase o 16 de setembro.
Nóvgorod-Siversky | |||
---|---|---|---|
| |||
Estado | Ucraína | ||
Capital | Nóvgorod-Siversky | ||
• Poboación | n/d | ||
Linguas oficiais | ucraíno (véxase Lei de Ucraína "para garantir o funcionamento da lingua ucraína como lingua estatal" | ||
• Total | n/d | ||
• % auga | n/d | ||
• Total (2021) | 12862 hab. | ||
• Densidade | n/d | ||
Fuso horario | UTC+02:00, UTC+3 e horario de verán | ||
XeografíaEditar
Ten uns 12 km2 de superficie. A cidade está situada á beira do río Desna, a 270 km ao nordeste de Kíiv e a 60 km da fronteira con Rusia.
TransporteEditar
A distancia até Chernihiv por ferrocarril é de 289 km e 165 km por estrada; até Kíiv por ferrocarril - 332 km, por estrada - 305 km.
DemografíaEditar
A súa poboación en 2020 estimábase en 12.862 habitantes[2] e en 2021 12.647 habitantes.[3]
HistoriaEditar
PrehistoriaEditar
O asentamento de Novgorod-Severskaya é un xacemento do Paleolítico superior (hai 38-10 mil anos) no bordo alto do Desna, no territorio da moderna cidade de Novgorod-Seversky, detrás do edificio dunha antiga escola.
Descuberto en 1933, foi investigado entre os anos 30 e 50 por I. Pidoplichko (1905-1975) - zoólogo, paleontólogo e arqueólogo soviético ucraíno.
Os restos arqueolóxicos localizáronse en covas de grandes bloques de arenitos, que probabelmente foron a vivenda e as instalacións de almacenamento dos habitantes do asentamento de Novgorod-Seversk.
Foron atopados incisivos de sílex, raspadores, puntas, tres grandes ferramentas líticas (xigantólitos), unha costela de mamut adornada por muescas lineais e restos humanos e animais. Están gardados no Museo Central de Ciencia e Historia Natural da Academia de Ciencias da RSS de Ucraína en Kíiv.
Idade MediaEditar
No xacemento de Nódgorov-Siversky tamén se atoparon restos humanos e obxectos persoais como pulseiras da época da Rus de Kíiv.
A primeira mención nas crónicas da cidade é de 1044. Desde 1098 foi a capital do Principado de Novgorod-Siversky, que serviu como zona de amortiguamento contra as incursións dos cumanos (polovtsy ) e outros pobos da estepa. Unha das numerosas campañas dos príncipes locais contra os cumanos deu lugar á grande obra da Literatura eslava oriental, Slovo o plŭku Ígorevě (a "Canción das hostes de Igor"), levada á ópera no século XIX por Aleksandr Borodin, Nikolai Rimskii-Korsakov e Aleksandr Glazunov como Knyaz Igor.
Despois da destrución da cidade polos mongois en 1239, o Principado de Novgorod-Siversky pasou aos príncipes de Bryansk e máis tarde ao Gran Ducado de Lituania. Foi gobernado por Dymitr Korybut (Kaributas), fillo de Algirdas.
Idade modernaEditar
Moscova gañou o control da rexión despois da batalla do río Vedrosha en 1503, pero tivo que devolvela á Mancomunidade polaco-lituana no Período Tumultuoso.
A cidade finalmente pasou a mans rusas despois da Guerra ruso-polaca de 1654-1667.
Idade contemporáneaEditar
Foi nomeada capital dun namestnichestvo ou vicerreinato separado entre 1782 e 1797. A partir de entón a súa influencia decaeu.
Durante a Segunda guerra mundial foi unha das múltiples localizacións do Holocausto.[4] Co fin da Unión Soviética pasou a formar parte do estado ucraíno.
GaleríaEditar
ArquitecturaEditar
O principal punto de interese da cidade é a antiga residencia do Arcebispo metropolitano de Chernigov, o Mosteiro da Transfiguración do Salvador. Está formada por unha magnífica catedral neoclásica construída entre 1791 e 1796 segundo proxectos de Giacomo Quarenghi, con muros de pedra do século XVII e outros edificios eclesiásticos construídos no s. XVII.
Outros puntos de interese son a catedral da Asunción en estilo barroco (barroco cosaco), un arco de triunfo de 1787 e a igrexa de madeira de San Nicolao, de 1760.
NotasEditar
- ↑ "Zhytomyr region". ukranews.com. Consultado o 12 de agosto de 2022.
- ↑ "Чисельність наявного населення України (População Atual da Ucrânia)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xuño de 2020. Consultado o 17 de julho de 2021.
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de abril de 2022. Consultado o 12 de agosto de 2022.
- ↑ "Murder Story of Novgorod Severskiy Jews in Ostroushki". @yadvashem (en inglés). Consultado o 2022-08-12.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nóvgorod-Siversky |