Musulmán

persoa que profesa o Islam
(Redirección desde «Musulmá»)

Musulmán é quen profesa o islam, unha relixión abrahámica monoteísta baseada no Corán, que os musulmáns consideran a palabra literal de Deus revelada ao profeta Mahoma, e, con menor autoridade que o Corán, os ensinos e prácticas atribuídas tradicionalmente a Mahoma. «Musulmán» (en árabe, مسلم) é unha palabra árabe que significa «o que se somete a Deus».

Pregaria no Cairo, obra de Jean-Léon Gérôme (1865)
Poboación musulmá mundial por porcentaxe (Pew Research Center, 2009).

Os musulmáns cren que non hai máis ca un único e verdadeiro Deus que se coñece co nome de Alá. Deus é eterno, trascendente, absolutamente un (a doutrina do tawhid, ou o monoteísmo estrito ou simple), e incomparable, e é autosuficiente, que non procrea nin foi procreado. As crenzas musulmás respecto de Deus resúmense no capítulo 112 do Corán, coñecido como Al-Ikhlas ou «o capítulo da pureza». Os musulmáns tamén cren que o islam é a versión completa e universal dunha fe primordial que se revelou en moitos momentos e lugares antes, incluíndo os profetas Abraham, Moisés e Xesús.[1] Os musulmáns sosteñen que as mensaxes anteriores e as revelacións foron parcialmente modificados ou danados co tempo,[2] pero consideran o Corán como inalterado e a revelación última de Deus.[3]

A maioría dos musulmáns aceptan como musulmán a quen pronuncie publicamente a xahada (profesión de fe) que di: "Non hai ningunha divindade excepto Deus e Muhammad é o profeta de Deus". Tamén cren que Mahoma é o "Selo dos Profetas» e o último profeta. As súas prácticas relixiosas básicas se enumeran nos cinco alicerces do islam, que, ademais da xahada, consisten en oracións diarias (salat), a esmola (zakat), o xaxún durante o Ramadán (Sawm), e a peregrinación á Meca ( hajj) polo menos unha vez na vida.[4][5]

A maioría dos musulmáns son sunnitas, representando entre un 75 e 90% de todos os musulmáns.[6] A segunda corrente máis grande, é o xiísmo, e representa entre un 10 e 20% dos musulmáns.[7] O país con máis musulmáns é Indonesia, onde vive o 12,7% de musulmáns do mundo, seguido por Paquistán (11,0%), Bangladesh (9,2%) e Exipto (4,9%).[8] Tamén se atopan minorías importantes na India, China, Rusia, Etiopía, América, Australia e partes de Europa. Con preto de 1,8 mil millóns de seguidores, o 26% da poboación mundial,[9][10][11][12] o islam é a segunda relixión máis grande e unha das que crece máis rapidamente no mundo.[13][14][15]

  1. PBS (ed.). "People of the Book". Islam: Empire of Faith (en inglés). Consultado o 25/04/2014. 
  2. Hava Lazarus-Yafeh. Tahrif (Encyclopaedia of Islam Online). 
  3. Submission.org, Quran: The Final Testament, Authorized English Version with Arabic Text, Revised Edition IV,ISBN 0-9729209-2-7, p. x.
  4. Richard, Hooker (14 xullo 1999). Washington State University, ed. "arkan ad-din the five pillars of religion" (en inglés). United States. Arquivado dende o orixinal o 03/12/2010. Consultado o 25/04/2014. 
  5. Central Intelligence Agency, ed. (2010). "Religions". The World Factbook (en inglés). United States. Arquivado dende o orixinal o 24/12/2018. Consultado o 25/04/2014. 
  6. Véxase:
  7. Véxase:
  8. nationmaster.com (ed.). "Number of Muslim by country". 
  9. Nearly 1 in 4 people worldwide is Muslim, report says Arquivado 15 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine., CNN
  10. Miller, Tracy, ed. (2009). Mapping the Global Muslim Population: A Report on the Size and Distribution of the World’s Muslim Population. Pew Research Center. pp. 8–9, 17–19. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de decembro de 2018. Consultado o 25 de abril de 2014. 
  11. "The World Factbook". CIA Factbook. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2010. Consultado o 2010-12-08. 
  12. 2010 World Muslim Population pdf Arquivado 16 de setembro de 2012 en Wayback Machine. Dr. Houssain Kettani January 2010
  13. Segundo algunhas fontes, é a terceira relixión de máis rápido crecemento despois do zoroastrismo e a fe bahá'í en números relativos e segunda en números absolutos despois do cristianismo. véxase«Israel haven for new Bahai world order», «Fastest Growing Religion Arquivado 27 de xuño de 2018 en Wayback Machine
  14. "The List: The World's Fastest-Growing Religions". Foreign Policy. 14 maig 2007. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2007. Consultado o 25 de abril de 2014. 
  15. * "Islam Today". Islam: Empire of Faith (2000). PBS. Islam, followed by more than a billion people today, is the world's fastest growing religion and will soon be the world's largest...