Museo Numismático de Aruba

antigo museo en Oranjestad, Aruba

O Museo Numismático de Aruba (papiamento: Museo Numismatico Aruba) foi un museo numismático establecido na cidade de Oranjestad en Aruba.

Museo Numismático de Aruba
Edificio sede do
Museo Numismático de Aruba


Coordenadas12°31′16″N 70°2′24″O / 12.52111, -70.04000
País Aruba
Países Baixos Países Baixos.
CidadeOranjestad.
TipoMuseo numismático
Inauguración13 de novembro de 1981.
Na rede
Web informativa
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O museo inaugurouse o 13 de novembro de 1981, e foi fundado por J. Mario Odor, que foi tamén o seu director. Os fondos do museo estaban constituídos pola colección numismática privada de Odor, composta por máis de 35.000 pezas (moedas, papel moeda e selos) non só de Aruba senón de arredor de 400 territorios emisores.[1][2]

O museo era un dos máis completos do Caribe no seu xénero, e amosaba unha visión ampla da moeda do Imperio Romano e da Grecia antiga, da moeda bizantina das emisións das dinatías chinesas, da India e do antigo Exipto, entre outras, así como cuñaxes máis recentes, desde a Idade Media ao mundo contemporáneo.[1]

En 1999, o museo xa non existía e a súa sede estaba pechada.[3] O seu fundador finou en 2001.[1]

Sede editar

O Museo Numismático de Aruba tivo a súa sede na coñecida como Casa Amarela (papiamento: Casita Geel), erixida en 1908 sobre unha construción anterior de 1860. Tamén albergou outras institucións, como o Banco de Aruba.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "The Numismatic Museum of Aruba". Visit Aruba (VisitAruba.com).
  2. Alofs, L. (2008). Páxina 62.
  3. 3,0 3,1 "A new destination for the yellow house". Monuments Fund Aruba (Monumentenfondsaruba.com).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar