Oranjestad, Aruba

Capital de Aruba

Oranjestad (Pronunciación holandesa: [oːˈrɑɲəˌstɑt]; literalmente cidade "laranxa") é a capital e maior cidade de Aruba. Oranjestad atópase na costa sur, cerca do extremo occidental do país insular. No idioma local, papiamento, Oranjestad chámase a miúdo simplemente "Playa". En 2010 a poboación da capital estímase en pouco menos de 30.000 habitantes.[1]

Modelo:Xeografía políticaOranjestad, Aruba
Oranjestad (nl) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoGuillerme I dos Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 12°31′07″N 70°02′09″O / 12.5186, -70.0358
EstadoReino dos Países Baixos
PaísAruba Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación28.658 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Altitude4 m Editar o valor en Wikidata
Creación1796 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Historia

editar

A cidade desenvolveuse ao redor de Fort Zoutman pouco despois da súa construción en 1796. Inicialmente a cidade non tiña nome oficial, sendo coñecida só como a cidade na baía de Cabalos (Paardenbaai en holandés), por ser o lugar onde se criaban os cabalos [Cómpre referencia] que se exportaban á veciña Curazao. A cidade foi desde entón a capital da illa.

A cidade leva o nome do primeiro rei Willem van Oranje-Nassau (Guillerme de Orange-Nassau), o primeiro herdeiro da holandesa Casa de Orange. O nome foi conferido á cidade na década de 1820 cando o interese en Aruba aumentou debido ao descubrimento de depósitos (aluviais) de ouro.

Air Aruba tivo a súa sede en Oranjestad.[2]. Aire Aruba suspendeu as súas operacións o 23 de outubro de 2000.[3]

Ata que pechou en marzo de 2014 Tiara Air tiña a súa sede en Oranjestad.[4]

Xeografía

editar

Pequenas partes da cidade están asentadas sobre unha serie de terras gañadas ao mar. Actualmente, o Renaissance Marketplace (Antigamente Seaport Marketplace, mercado do porto), así como o cércano Queen Wilhelmina Park, atópanse dentro desta expansión.

Datos climáticos para Oranjestad, Aruba (1981-2010, extremes 1951-2010)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 32,5 33,0 33,9 34,4 34,9 35,2 35,3 36,1 36,5 35,4 35,0 34,8 36,5
Media máxima en °C 30,0 30,4 30,9 31,5 32,0 32,2 32,0 32,6 32,7 32,1 31,3 30,4 31,5
Media diaria en °C 26,7 26,8 27,2 27,9 28,5 28,7 28,6 29,1 29,2 28,7 28,1 27,2 28,1
Media mínima en °C 24,5 24,7 25,0 25,8 26,5 26,7 26,4 26,8 26,9 26,4 25,8 25,0 25,9
Temperatura mínima en °C 21,3 20,6 21,4 21,5 21,8 22,7 21,2 21,3 22,1 21,9 22,0 20,5 20,5
Precipitación media mm 39,3 20,6 8,7 11,6 16,3 18,7 31,7 25,8 45,5 77,8 94,0 81,8 471,8
Media de días con precipitacións (≥ 1.0 mm) 8,4 5,0 1,8 1,9 2,2 2,8 4,9 4,3 3,9 7,4 10,6 11,4 64,6
Humidade relativa media (%) 77,5 76,1 75,7 77,1 77,9 77,4 77,8 76,2 76,8 78,6 79,1 78,4 77,4
Fonte: DEPARTAMENTO METEOROLOGICO ARUBA,[5] (extremes)[6]

Cultura

editar
 
Arquitectura Colonial neerlandesa en 2004
 
A nova igrexa protestante en 2004

Atópase algunha arquitectura colonial neerlandesa. Debido ao crecente interese do goberno no mantemento do patrimonio cultural da illa, unha serie de edificios antigos e casas no centro da cidade transformáronse en puntos de referencia coloridamente restaurados, como o Rexistro Civil de cor lima en Wilhelminastraat.

  1. http://population-of.com/en/Aruba/00/Oranjestad/
  2. World Airline Directory. Flight International. March 17–23, 1999. "46.
  3. Overview. Air Aruba. March 2, 2001. Retrieved on October 6, 2009.
  4. "Contact." Tiara Air. March 2, 2009. Retrieved on March 23, 2014. "Sabana Blanco 70E, Suite 11 Oranjestad Aruba "
  5. "Summary Climatological Normals 1981-2010" (PDF). Departamento Meteorologico Aruba. Consultado o 15 October 2012. 
  6. "Climate Data Aruba". Departamento Meteorologico Aruba. Consultado o 15 October 2012. 

Véxase tamén

editar