Muriel Sánchez

actriz galega

Muriel Sánchez, nada en Zürich (Suíza) o 21 de abril de 1980, é unha actriz galega.

Infotaula de personaMuriel Sánchez
Biografía
Nacemento(es) Muriel Sánchez Sánchez Editar o valor em Wikidata
Zürich Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza
España Editar o valor em Wikidata
EducaciónReal Escuela Superior de Arte Dramático Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Páxina webmurielsanchez.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0845117 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Formación

editar

É licenciada en Arte Dramática pola Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid, e estudou canto e piano no Conservatorio Profesional de Música da mesma cidade. Completa a súa formación como actriz e cantante tanto en España como no estranxeiro, realizando, entre outros, un Curso de Posgrao sobre Teatro Clásico e estudando en escolas como a Central School of Speech and Drama, Arts Educational School (Londres) e o Centro di Formazione Teatrale Venezia Inscena (Venecia).

Actividades

editar

Desenvolve a maior parte da súa actividade no ámbito teatral, traballando en numerosas producións nacionais e internacionais. Actriz da Compañía Nacional de Teatro Clásico desde o ano 2006, protagoniza obras como La Estrella de Sevilla (2008-2009), Romances del Cid (2006-2008) e El pintor de su deshonra (2008), todas dirixidas por Eduardo Vasco, e traballa en outras como El curioso impertinente, dirixida por Natalia Menéndez no ano 2007. Co Centro Dramático Galego protagoniza Ricardo III e Seis personaxes á procura de autor (2005), e coa compañía italiana Venezia Inscena traballa en diversos espectáculos de Commedia dell’Arte, como Il bugiardo sincero (2006) e L’ereditá di Pantalone (2007-2008). Noutras producións ten traballado á orde de directores como Helena Pimenta, Olga Margallo, Ignacio García, Charo Amador, Antonio Zancada ou Adriano Iurissevich.

No sector audiovisual, traballa en longametraxes como Conexão e Afranio, así como en diversas series de televisión, tanto de ámbito estatal como autonómico, destacando Rías Baixas, El Comisario ou Cuéntame cómo pasó.

Teatro

editar
Ano Obra de teatro Personaxe Director
2011 A ópera dos tres reás, de Bertolt Brecht Polly Peachum Quico Cadaval
2009 La Estrella de Sevilla, de Lope de Vega Estrella Eduardo Vasco
2008 Romances del Cid (Versión de Ignacio García May) La Muerte Eduardo Vasco
2008 El pintor de su deshonra, de Calderón de la Barca Julia Eduardo Vasco
2007 El Curioso Impertinente, de Guillén de Castro Criada Natalia Menéndez
2007 L'ereditá di Pantalone Isabella Adriano Iurissevich
2006 Viva el teatro, de J.L. Alonso de Santos Ana-Princesa Blancaflor Olga Margallo
2006 La Gran Vía, de Felipe Pérez y González Izquierda y Candil Helena Pimenta
2006 Il bugiardo sincero Hortensia y Stregga Adriano Iurissevich
2005 Seis personaxes á procura de autor, de Luigi Pirandello A Fillastra Xúlio Lago
2005 Ricardo III, de William Shakespeare Lady Ana Manuel Guede
2004 La muerte y la doncella, de Ariel Dorfman Paulina Antonio Zancada
2003 La ópera de cuatro cuartos, de Bertolt Brecht Polly Peachum Charo Amador
2003 Vuelo sobre el océano, de Bertolt Brecht La Niebla Nacho Pascual
2002 El alcalde de Zalamea, de Calderón de la Barca Isabel Nuria Alcorta
2002 Short Stories and Poems, de Raymond Carver Edith Nuria Alcorta
2001 Tartufo, de Molière Mariana Charo Amador
1999 Palabras de Víspera, de Álvaro Cunqueiro Urraca Manuel Lourenzo

Televisión

editar
Ano Serie Personaxe Director
2003-04 Rías Baixas (TVG) Protagonista Gerardo Rodríguez
2003 Cuéntame cómo pasó (TVE) Secundaria Antonio Cano e Agustín Crespi
2001 El Comisario (Tele 5) Secundaria Jesús Font

Cinema

editar
Ano Serie Personaxe Director
2008 A Conexão Secundaria Leonel Vieira
2008 Afranio Secundaria Víctor Coyote

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar