Monica Bellucci
Monica Bellucci, nada en Citta di Castello (Perugia), o 30 de setembro de 1964, é unha modelo e actriz italiana.
(2024) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Monica Anna Maria Bellucci 30 de setembro de 1964 (60 anos) Città di Castello (Italia) |
Educación | Universidade de Perugia |
Altura | 173 cm |
Peso | 64 kg |
Cor dos ollos | Abelanado |
Cor do pelo | Castaño escuro |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema, actriz, actriz de dobraxe, modelo, modelo |
Período de actividade | 1977 - |
Representante | Elite Model Management (pt) e Storm Management (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Vincent Cassel (1999–2013), divorcio Claudio Carlos Basso (1990–1994), divorcio |
Parella | Nicola Farron (–valor descoñecido) Tim Burton (2023–) |
Fillos | Deva Cassel () Vincent Cassel Léonie Cassel () Vincent Cassel |
Premios | |
| |
|
Traxectoria
editarOs seus primeiros pasos profesionais foron encamiñados a exercer a avogacía, aínda que decidiu exercer de modelo para poder pagarse os estudos na Universidade de Perugia, se ben abandonou os seus estudos de dereito.
En 1988, trasladouse a un dos puntos neurálxicos da moda europea, Milán, firmando para a prestixiosa firma Elite Model Management. En 1989 xa era unha modelo aclamada en París e incluso ao outro lado do Atlántico, Nova York. Posou para Dolce & Gabbana e para a marca francesa Elle entre outras. Ese mesmo ano, Monica, toma clases de interpretación, para converterse en actriz.
Monica Bellucci, domina varios idiomas ademais do italiano, a súa lingua natal, coma o francés e o inglés. Isto valeulle para poder actuar en diversos idiomas sen dificultade.[1]
Está casada co tamén popular actor Vincent Cassel, co quen coincidiu en numerosos filmes e do que ten unha filla de nome Deva, nacida no ano 2004.
Filmografía
editar- Briganti (Briganti) (1990) de Marco Modugno
- La riffa (La riffa) (1991) de Francesco Laudadio
- Ostinato destino (Ostinato destino) (1992) de Gianfranco Albano
- Drácula de Bram Stoker (Dracula) (1992) de Francis Ford Coppola
- I mitici (I mitici) (1994) de Carlo Vanzina
- Palla di neve (Palla di neve) (1995) de Maurizio Nichetti
- Il cielo è sempre più blu (Il cielo è sempre più blu) (1995) de Antonio Luigi Grimaldi
- O apartamento (L'appartement) (1996) de Gilles Mimouni
- Stressati (Stressati) (1997) de Mauro Cappelloni
- Dobermann (Dobermann) (1997) de Jan Kounen
- Mauvais genre (Mauvais genre) (1997) de Laurent Bénégui
- Come mi vuoi (Come mi vuoi) (1997) de Carmine Amoroso
- O pracer (Le plaisir (et ses petits tracas)) (1998) de Nicolas Boukhrief
- L'ultimo capodanno (L'ultimo capodanno) (1998) de Marco Risi
- Ós que aman (1998) de Isabel Coixet
- Comme un poisson hors de l'eau (Comme un poisson hors de l'eau) (1999) de Hervé Hadmar
- Sen regras (Méditerranées) (1999) de Philippe Bérenger
- Franck Spadone (Franck Spadone) (2000) de Richard Bean
- Baixo sospeita (Under Suspicion) (2000) de Stephen Hopkins
- Malena (Malèna) (2000) de Giuseppe Tornatore
- O pacto dos lobos (Le pacte des loups) (2001) de Christophe Gans
- Astérix et Obélix : Mission Cléopâtre (2002) de Alain Chabat
- Irréversible (2002) de Gaspar Noé
- Ricordati di me (Ricordati di me) (2003) de Gabriele Muccino
- Bágoas do sol (Tears of the Sun) (2003) de Antoine Fuqua
- The Matrix Reloaded (The Matrix Reloaded) (2003) de Andy Wachowski e Larry Wachowski
- Simbad: A lenda dos sete mares (Simbad: Legend of the Seven Seas) (2003) de Patrick Gilmore e Tim Johnson
- The Matrix Revolutions (The Matrix Revolutions) (2003) de Andy Wachowski e Larry Wachowski
- The Passion of the Christ (2004) de Mel Gibson
- Axentes secretos (Agents secrets) (2004) de Frédéric Schoendoerffer
- She Hate Me (She Hate Me) (2004) de Spike Lee
- The Brothers Grimm (2005) de Terry Gilliam
- Canto me amas? (Combien tu m'aimes?) (2005) de Bertrand Blier
- Sheitan (Sheitan) (2006) de Kim Chapiron
- N - Napoléon (N - Napoléon) (2006) de Paolo Virzì
- Le concile de Pierre (Le concile de Pierre) (2006) de Guillaume Nicloux
- Shoot 'Em Up (Shoot 'Em Up) (2006) de Michael Davis
Notas
editar- ↑ Pingitore, Silvia (2023-01-15). "EXCLUSIVE interview with Monica Bellucci" (en inglés). Consultado o 2023-07-05.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monica Bellucci |