Irréversible
Irréversible (estilizado como IЯЯƎVƎЯSIBLƎ) é un filme francés de drama e terror psicolóxico escrito e dirixido por Gaspar Noé que foi estreado en 2002. Está protagonizado por Monica Bellucci, Vincent Cassel e Albert Dupontel. Emprega unha narrativa non lineal e segue a dous homes polas rúas de París na procura de vinganza pola violación da moza dun deles. A banda sonora foi composta polo artista de música electrónica Thomas Bangalter, máis coñecido por ser un dos integrantes do dúo Daft Punk.
Irréversible | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Irréversible |
Director | Gaspar Noé |
Produtor | Brahim Chioua Vincent Cassel |
Guión | Gaspar Noé |
Intérpretes | Monica Bellucci Vincent Cassel Albert Dupontel |
Música | Thomas Bangalter |
Fotografía | Benoît Debie (iluminación) Gaspar Noé (cámara) |
Montaxe | Gaspar Noé |
Estudio | Les Cinémas de la Zone StudioCanal |
Distribuidora | Mars Distribution (Francia) Lions Gate Films (Estados Unidos) |
Estrea | 22 de maio de 2002 |
Duración | 97 minutos[1] |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Orzamento | $4 600 000 |
Recadación | $5 800 000[2][3] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O crítico de cine estadounidense Roger Ebert considerouno "un filme tan violente e cruel que moita xente vaille ser imposible de ver."[4] Irréversible competiu no Festival de Cannes de 2002 e gañou o premio ó mellor filme no Festival Internacional de Cine de Estocolmo. Foi un filme particularmente controvertido na súa estrea pola súa representación gráfica da violencia, concretamente a escena na que un home esmaga salvaxemente a testa doutro home cun extintor de incencios e a escena de violación de Alex (Monica Bellucci). Tamén foi acusado de aparente homofobia.
PersonaxesEditar
- Monica Bellucci como Alex
- Vincent Cassel como Marcus
- Albert Dupontel como Pierre
- Jo Prestia como Le Tenia
- Mourad Khima como Mourad
- Hellal como Layde
- Jaramillo como Concha
- Michel Gondoin como Mick
- Jean-Louis Costes como Fistman
- Philippe Nahon como Butcher
- Stéphane Drouot como amigo de Butcher
- Stéphane Derdérian e Gaspar Noé como homes do Rectum
NotasEditar
- ↑ British Board of Film Classification, ed. (21 de outubro de 2002). "IRREVERSIBLE (18)". Consultado o 30 de decembro de 2012.
- ↑ http://www.boxofficemojo.com/movies/?id=irreversible.htm
- ↑ http://www.boxofficemojo.com/movies/?page=intl&id=irreversible.htm
- ↑ "Irreversible" rogerebert.com 14 March 2003 Arquivado 29 de marzo de 2013 en Wayback Machine. Consultado o 30 de marzo de 2012
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Irréversible na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)