Mondariz (revista)

Mondariz foi unha revista editada en Madrid entre 1915 e 1922.

Mondariz
PaísEspaña
Lugar de publicaciónMadrid
Lingualingua castelá e lingua galega
Fundación1914
Circulación
ISSN1886-7251
Na rede
Galiciana: 577349 HemBNE: 0004970011
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulada Revista mensual, apareceu o 1 de maio de 1915. Fundada por Enrique Peinador Vela, e concibida como suplemento de La Temporada en Mondariz. Ao non poder cumprir esta periodicidade, máis adiante modificouse o subtítulo por Revista ilustrada. Contaba con abundantes ilustracións, colaboracións referidas á medicina hidrolóxica, literarias e divulgativas do contorno natural, monumental, antropolóxico e cultural galego. Inseriu unha Galería de galegos ilustres e unha Galería de galegas célebres, Efemérides galegas, textos de creación literaria, tanto en prosa como en verso, algúns en galego. Entre os seus colaboradores literarios figuraron Rosalía de Castro, Wenceslao Fernández Flórez, Emilio Castelar, Alfredo Vicenti, Basilio Álvarez, Manuel Murguía, Ramón Cabanillas, Francisco Camba, Prudencio Canitrot e Aurelio Ribalta.

A partir do número 38, do 20 de marzo de 1920, editou un suplemento titulado "La hoja hidrológica", dirixido por Hipólito Rodríguez-Pinilla. A partir de 2006 apareceu Foro de Encuentros de Mondariz, considerado como continuación ou segunda época desta publicación.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar